26 de xul. de 2017

Novo Boletín Informativo - Xullo 2017

O BNG-Asembleas Abertas edita un novo boletín informativo (Nº 17 # Xullo de 2017), que comezará a repartirse polas casas de Portas nos próximos días.
Un pacto por Portas
Portas está nunha situación límite. Os sucesivos gobernos do Partido Popular, primeiro con Roberto Vázquez e agora con Víctor Estévez, trouxéronos até un punto de tan difícil saída que se fai imprescindíbel un pacto de todos os veciños e veciñas para darmos un cambio de rumbo.
Un cambio de rumbo. Un Portas novo
Portas precisa un cambio de rumbo inmediato: os gobernos da dereita leváronos até un momento no que, se non reaximos con axilidade, corremos o perigo de caer na parálise por falta de capacidade investidora, de iniciativa política e de proxecto de futuro.
As prácticas caciquís do PP levan a Portas á ruína
O concello foi condenado xa a pagarlle á traballadora agredida 227.000 euros e aínda quedan sentenzas que podían elevar esa contía até os 700.000



Ningún comentario: