20 de abr. de 2016

Moción presentada pola Plataforma Salva o Tren e respaldada polo BNG-Asembleas Abertas de Portas para retirada do apoio a unha Senda Verde e solicitude de colaboración activa

O mércores 20 de abril, a Plataforma Salva o Tren presentou unha moción no rexistro do concello para demandar a retirada do apoio municipal á creación dunha Senda Verde polo trazado ferroviario que comunica Portas con Vilagarcía, así como solicitar a colaboración activa do concello na esixencia ás institucións competentes do Estado (ADIF, RENFE e o Ministerio de Fomento) da recuperación do servizo na estación de Portas en dúas fases.