26 de abr. de 2016

Pleno Ordinario

O venres 29 de abril de 2016 ás 20:30 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de 26/02/2016.
  2. Dación de conta de Decretos e Resolucións da Alcaldía.
  3. Portal da Transparencia.
  4. Adhesión á Asociación Grupo do Desenvolvemento Rural do Salnés.
  5. Mocións:
    1. Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre a Reordenación e Recuperación da Bouza do Porto (Briallos).
    2. Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre a limpeza e arranxo da Fonte da Margarida en Lantaño.
    3. Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre a adopción de medidas de conservación, protección e promoción do Petroglifo da Pedra da Grade.
    4. Outras mocións:
      1. Moción presentada pola Plataforma Salva o Tren - BNG-Asembleas Abertas.
  6. Rogos e preguntas.


22 de abr. de 2016

Moción para reordenación e recuperación da Bouza do Porto

Hoxe venres 22 de abril, o BNG-Asembleas Abertas ven de presentar unha moción no rexistro do concello para demandar a reordenación e recuperación da Bouza do Porto (Briallos).

21 de abr. de 2016

Moción para limpeza e arranxo da Fonte da Margarida en Lantaño

O xoves 21 de abril, o BNG-Asembleas Abertas presentou unha moción no rexistro do concello para demandar a limpeza e arranxo da Fonte da Margarida en Lantaño.

Moción para adopción de medidas de conservación, protección e promoción do petroglifo da Pedra da Grade


O xoves 21 de abril, o BNG-Asembleas Abertas presentou unha moción no rexistro do concello para demandar a adopción de medidas de conservación, protección e promoción do petroglifo da Pedra da Grade.


20 de abr. de 2016

Moción presentada pola Plataforma Salva o Tren e respaldada polo BNG-Asembleas Abertas de Portas para retirada do apoio a unha Senda Verde e solicitude de colaboración activa

O mércores 20 de abril, a Plataforma Salva o Tren presentou unha moción no rexistro do concello para demandar a retirada do apoio municipal á creación dunha Senda Verde polo trazado ferroviario que comunica Portas con Vilagarcía, así como solicitar a colaboración activa do concello na esixencia ás institucións competentes do Estado (ADIF, RENFE e o Ministerio de Fomento) da recuperación do servizo na estación de Portas en dúas fases.

18 de abr. de 2016

Convocatoria ordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno

O venres 22 de abril de 2016 ás 20:30 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación acta da sesión ordinaria do 18/12/2015.
  2. Portal da transparencia.
  3. Adhesión á asociación grupo de desenvolvemento rural do Salnés.
  4. Rolda de intervencións.