09/04/2015

O BNG - Asembleas Abertas de Portas busca a implicación veciñal para a elaboración do programa electoral

O grupo celebrará actos públicos nas catro parroquias do municipio para escoitar as achegas e inquedanzas dos veciños e incluílas dentro do seu programa de traballo de cara ás eleccións municipais. A primeira cita fixouse para o venres día 10 en Lantaño ás 21.00 horas, sendo o lugar de reunión o Teleclube.

Á mesma hora, pero ao día seguinte (sábado 11), terá lugar no Albergue de Briallos o segundo dos actos. En Romai o encontro terá lugar no Teleclube o domingo 12 ás 12.00 horas e, por último, estes debates concluirán o sábado 18 ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Portas.

Santi Carballo, candidato do BNG - Asembleas Abertas á Alcaldía, explicou que a principal finalidade destes actos é "implicar á cidadanía nos temas municipais" e "instaurar a democracia dende a base".

Algúns veciños xa comezaron a facer as súas propostas como serían as de reducir o soldo do alcalde ou a aposta pola eficiencia enerxética, renovando as instalacións de alumeado público a través dun contrato de servizos enerxéticos.