22 de maio de 2012

Parque infantil de Romai Vello en situación de abandono

O BNG de Portas denuncia a situación de abandono dos parques infantís do concello


O vindeiro sábado 26 de maio, o grupo municipal do BNG de Portas vai presentar no rexistro do concello unha petición para que se arranxe de forma inmediata a situación do parque infantil de Romai Vello.

Esta petición, aínda que particularizada para a situación concreta do parque de Romai Vello, é extensible a moitos outros campos de xogos do concello. En Portas é demasiado habitual que non se manteñan minimamente as poucas instalacións infantís que hai, así poden verse parques coa herba sen cortar, xogos oxidados, farois rotos, etcétera.


Pinchar nas imaxes para ampliar.