23/08/2012

Noticia do xornal El País: "Condenado o alcalde de Portas por falsidade e un delito contra Facenda"

El País, 23 de agosto de 2012

Vázquez deberá pagar 98.400 euros de multa, 203.000 de indemnización a Facenda e 9.000 de costas procesais

O alcalde de Portas, Roberto Vázquez, foi condenado esta mañá a pagar 315.000 euros por un delito contra a Facenda Pública ao evadir impostos na súa empresa construtora e falsificar documentos a tal fin.

O xuízo de conformidade celebrouse finalmente pasadas as 11.30 horas, despois de que fiscalía, abogacía do Estado e defensa do rexedor alcanzasen un acordo. O desglose das penas detalla que Vázquez deberá pagar 98.400 euros de multa, 203.000 de indemnización a Facenda e 9.000 de costas procesais.

A condena tamén impoñía dúas penas de prisión, de tres meses pola falsidade documental e de 6 meses polo fraude, que a defensa logrou substituír -contra o criterio do avogado do Estado- por unha multa de 18 meses a razón de seis euros ao día, un total de 3.700 euros que evitarán que Vázquez entre en prisión.

O fiscal responsable do caso, Augusto Santaló, comentou ao termo do xuízo que a condena lle parece "razoable" porque se "asegurou a satisfación de responsabilidades civís, costas e gastos derivados do procedemento", e que se rebaixou a pena solicitada inicialmente ao aplicarse a atenuante de reparación do dano causado.

A condena leva aparellada igualmente unha pena de inhabilitación para administar sociedades, pero non influirá na súa situación política porque o delito "non o cometeu como alcalde nin como funcionario público". Vázquez pediu, xunto aos seus concelleiros en Portas, a baixa provisional no PP o pasado xullo.

Ningún comentario: