04/04/2012

Presentación do Documento Inicial do PXOM de Portas


Onte 3 de abril colgaron na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o Documento de Inicio do plan xeral de ordenación municipal de Portas.
Podedes consultar o documento na seguinte ligazón:
http://aae.medioambiente.xunta.es/aae/ShowLast.do;jsessionid=53A076401252C107BFB1FCF5923C1CEE.vmprd16
O período de consulta é de só un mes, ata o 3 de maio. Os comentarios ao documento deben facerse dende a páxina web da Consellería.
Advertimos que hai moitísimos erros e algún moi grave.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Buenas tardes:
Como se pode comprobar o archivo do PXOM está retirado. Tras a sua descarga e análisis vense varios temas que preocupan se un entende un pouco do tema. Como pode ser que unha vivenda contruida nunha finca aparezca solo parte da finca incluida nun nucleo rural e o restante da finca como rústico. Esa finca ten na sua fachada principal abastecemento de agua, saneamiento de pluviales, electricidad e telefonía. Sen embargo podo comprobar que en o lugar da Costa aparece como incluído en núcleo rural unha zona donde existe un pozo de agua, o lado de Viveiros Outón mais exacto. Eso é zona fluvial ou rústico como moito. Debaixo dos xuncos está o pozo!!!
Bueno, e así mil cousas se poden sacar. Se vos interesa podo escribir mil. Ahora que sí!Chamoume moito a atención o núcleo satélite e a zona de próxima burbuja inmobiliaria da estación de Portas. Construcción a pé dun río que desborda continuamente. A mi gustame ser mais real. O único satélite que hay, sería Portas é satélite de Caldas.
Se alguén sabe o estado deste documento alegraríame sabelo. Gracias
Un saludo

BNG Portas dixo...

Bo día:
O arquivo a día de hoxe 8/05/12 pódese atopar en: http://aae.medioambiente.xunta.es/aae/ShowRunning.do
O documento de inicio, que foi o presentado ata agora, é un documento preliminar que se precisa para solicitar a Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE). Nese proceso está.
O documento de inicio foi presentado directamente polo concello á Xunta (para solicitar a AAE) sen consultar cos veciños nin pasar pola oposición (nós soupemos do documento pola prensa, é lamentable dicilo, pero é así).
O documento de inicio contén unha cantidade de erros enorme que o invalida absolutamente. Por exemplo, respondendo ao comentario anterior que parece ser de Romai, pódese comprobar que o documento non contempla a autovía de Pontevedra a Vilagarcía!!!!, que o lugar de Quintáns está no Cubelo, que os lindes do concello e entre parroquias están mal, etc, etc, etc.
En calquera caso, o documento de inicio só é un recopilatorio de información e de intencións, e que cambiará completamente nas seguintes fases antes de aprobarse o PXOM.
O BNG está deseñando unha estratexa de traballo para transmitir toda a información aos veciños e veciñas, e que estos poidan participar na redacción do PXOM e polo tanto ser partícipes do deseño do futuro do concello.