21/04/2011

Compromisos do BNG fronte ás mentiras do PP (3ª parte): PXOM

Portas é o único concello da comarca que a día de hoxe non ten, nin tivo nunca, un Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Partido Popular goberna en Portas dende hai 19 anos, e con maioría absoluta dende 1995. Se hoxe non temos PXOM é por simple incompetencia e incapacidade do PP. Nesta ocasión, nin sequera teñen a quen botarlle a culpa.
Na propaganda electoral do ano 2007 do Partido Popular dise textualmente: "marcouse como obxectivo prioritario para esta lexislatura a aprobación do PXOM".
En abril de 2011, en plena campaña electoral, o concello informa que hai dous técnicos facendo traballos preliminares, cando en 2007 prometeron que a estas alturas xa estaría aprobado o PXOM.
O Bloque Nacionalista Galego comprométese a aprobar o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Portas, consensuado cos veciños e veciñas que deben ser parte fundamental na súa redacción. O PXOM é un documento de excepcional importancia porque establece as bases do futuro desenrolo de Portas, polo que debe recoller as achegas e opinións de todos os veciños e veciñas.