20 de abr. de 2011

Pleno extraordinario

O mércores 27 de abril ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
Punto único: Formación das mesas electorais con motivo das eleccións locais do 22 de maio de 2011.

Compromisos do BNG fronte ás mentiras do PP (2ª parte): Pavillón de Romai

O pavillón foi construído en 1986 polos veciños e veciñas de Romai.
Dende o ano 1992 (ano en que o PP se fixo co goberno municipal grazas a unha moción de censura apoiada nun tránsfuga do PSOE) o concello non fixo ningún tipo de mantemento nas instalacións, agora en estado ruinoso.
Se quentan a auga, tamén teremos piscina climatizada en Romai.
En decembro de 2008 o BNG solicitou que o pavillón se arranxase a cargo do PLAN E. O Partido Popular negouse.
En febreiro de 2009 o BNG presentou unha moción solicitando o arranxo urxente do pavillón. Moción que se aprobou por unanimidade no pleno ordinario celebrado ese mesmo mes.
O 31 de agosto de 2009 o PP aprobou o orzamento do ano 2009 no que se contemplaba unha partida de 30.000€ para arranxar o pavillón. Dende entón o concello non fixo absolutamente nada. Onde están os 30.000€?
O BNG denunciou a situación ruinosa do pavillón en numerosas ocasións:

O que o PP non fixo en 19 anos de goberno, agora en campaña electoral prometen que o van a arranxar xa! Por favor, que non nos mintan máis!
O Bloque Nacionalista Galego comprométese a arranxar de forma urxente e a reformar o pavillón de Romai para dotar as instalacións dunha adecuada funcionalidade. Tamén nos comprometemos a crear unha pista polideportiva en Briallos, que é a única parroquia que a día de hoxe non ten ningún tipo de instalación deportiva.