19 de abr. de 2011

Compromisos do BNG fronte ás mentiras do PP (1ª parte): Piscina Municipal

En abril de 2007, coincidindo coa campaña electoral, o PP aseguraba que a piscina climatizada estaría rematada a "principios de verán" de 2007.

En decembro de 2010, outra vez en precampaña electoral, o PP asegura que está "próxima a apertura da Piscina Municipal", chegando incluso a solicitar demandantes de emprego para o posto de socorrista. Estamos en abril de 2011, 5 meses despois, e as obras seguen igual que estaban en decembro pasado.
A piscina climatizada de Caldas de Reis é deficitaria e suponlle un custo anual ao concello de 56.000 euros, a pesares de ser explotada por unha empresa privada mediante concesión, que evidentemente se queda con todos os ingresos por abonos e entradas. Estes gastos non incluén arranxos e modificacións, que tamén son a cargo do concello.
Portas, coa cuarta parte de poboación que Caldas, ten unhas instalacións sen rematar, que custaron centos de miles de euros, e que non ten os medios para poñer a funcionar.
Que o Partido Popular propoña sufragar os gastos da piscina climatizada con abonos de socios (120€/anuais) de todas as casas habitadas do concello (800 casas), só se pode cualificar de ocorrencia e improvisación sen sentido.
O Bloque Nacionalista Galego comprométese a establecer mecanismos de participación directa dos veciños e veciñas de Portas na definición das prioridades nos orzamentos municipais. A veciñanza será consultada para executar os seus propios intereses e non os intereses particulares de gobernantes cegados polo seu propio ego, que non distinguen o importante do accesorio. Un miradoiro na cheminea da Azucreira ou unha piscina climatizada non son prioridades.