10 de abr. de 2011

Acto de presentación da Candidatura ás vindeiras eleccións municipais 2011

O sábado 9 de abril, ás 21:00 h., o BNG de Portas presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais. A casa de cultura quedouse pequena para escoitar as intervencións de Rafa Ruibal, Alfredo Súarez Canal e Arturo Fontán.

Intervención de Rafa Ruibal - Nº 2 da candidatura
Intervención de Arturo Fontán - Candidato á Alcaldía
Como di o noso lema "Coa túa forza, hai futuro". Coa túa forza, o próximo domingo 22 de maio temos a oportunidade de cambiar o rumbo deste concello e soñar un futuro mellor. Forza e adiante!
Rafa Ruibal, Alfredo Suárez, Arturo Fontán, Anxos Riveiros e Abraldes