1 de abr. de 2011

Acto de presentación da Candidatura ás vindeiras eleccións municipais 2011


O sábado 9 de abril ás 21:00h, celebrarase na Casa de Cultura de Portas un acto de presentación da candidatura do BNG de Portas para as vindeiras eleccións municipais do 22 de maio.
Neste acto contaremos coa participación do compañeiro Alfredo Suárez Canal (deputado do BNG e ex-conselleiro de Medio Rural).
Falarán:
- Rafael Ruibal Pereira: nº 2 da candidatura.
- Alfredo Suárez Canal: deputado.
- Arturo N. Fontán Pérez: candidato á Alcaldía.
Hora: 21:00h.
Data: sábado, 9 de abril de 2011.
Lugar: Casa da Cultura de Portas.

Un exemplo clarificador da desidia e o malgasto do PP

Máis dun ano despois de rematada a depuradora de Romai (construída cun convenio do anterior goberno galego) e 6 meses despois de poñerse en funcionamento, aínda non ten subministro eléctrico e ten que abastecerse dun xerador que consume máis de 4000 euros mensuais de gasoil.
A depuradora da servizo á traída municipal das parroquias de Lantaño, Portas e Romai.
2011_0327 - Á dereita da foto pódese apreciar que xa está construída dende hai meses a acometida eléctrica co transformador, pero a pesares de todo, a depuradora segue a subministrarse dun xerador de gasoil.

2011_0327 - O grupo electróxeno encima dun charco. O cable branco vai a unha pica que fai as veces de toma de terra.

2011_0327 - Pode apreciarse que a foto corresponde coa data que se indica pola cantidade de polen amarelo dos pinos.

2011_0327 - Pode apreciarse que o grupo electróxeno fai moitos meses que non se move do sitio.