25 de nov. de 2011

Pleno extraordinario


O martes 29 de novembro ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Aprobación conta xeral exercizo 2010.
3. Liña de financiamento ICO-Entidades locais 2011.

O texto do punto 3 é totalmente ambiguo pero parece que trata da solicitude dun novo crédito. En maio deste mesmo ano xa se solicitou un crédito á Deputación, que lle concedeu ao concello 232.000 euros.

1 comentario:

BNG Portas dixo...

Finalmente, o pleno acordou (cos únicos votos a favor do PP) solicitar un crédito ao ICO por valor de 63.450,77 euros, cun interese do 6.5% TAE a devolver en tres anos sen carencia, e as liquidacións serán anuais, lineais e constantes.