14 de set. de 2011

Asemblea local de Portas


O domingo 18 de setembro ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da antiga cámara agraria en Portas.
Trataranse temas de política local, plan de traballo futuro e eleccións do 20N.
Rógase asistencia e puntualidade.

13 de set. de 2011

Nin se liquidan as contas de 2010 nin se aproban os orzamentos de 2011

A día de hoxe, 13 de setembro de 2011, o Concello de Portas nin liquidou as contas do ano 2010, nin aprobou os orzamentos do ano en curso 2011.
As consecuencias desta neglixente xestión económica do grupo de goberno do Partido Popular son extremadamente graves.
Portas é un dos 24 concellos (dos 315 de toda Galiza) que non cumpriron cos prazos da Lei de Economía Sostible, e agora ábreselle un novo prazo extraordinario ata finais do presente mes de setembro para informar da súa situación económica. Se novamente o concello incumpre a obriga legal de informar da situación das contas municipais, o Estado retería as cantidades que lle ingresa mensualmente, poñendo en perigo incluso as nóminas dos empregados municipais.

La Voz de Galicia, 13 de setembro de 2011.

12 de set. de 2011

Acto público do BNG sobre a Reforma da Constitución

Acto público do BNG no que se exporá a súa posición política sobre a Reforma da Constitución.


INTERVIRÁN: Anxos Riveiro (responsable local), Olaia Fernández (deputada no Congreso) e Guillerme Vázquez (Portavoz Nacional do BNG).
LUGAR: Sala de conferencias do centro social de Novacaixagalicia, Pontevedra.
DATA: xoves, 15 de setembro.
HORA: 20:30 h.