05/04/2011

O alcalde de Portas contraprograma os actos do BNG


Con data do luns 4 de abril o Alcalde asinou un Bando convocando á xuventude de Portas (ata 25 anos de idade) para unha reunión a celebrar na Casa do Concello para tratar sobre a celebración da Festa da Xuventude.

O día e a hora elexidos para celebrar esta reunión coinciden exactamente co Acto de Presentación da Candidatura do BNG para as vindeiras eleccións municipais, un acto anunciado con anterioridade e para o cal se solicitou por escrito o local da Casa de Cultura previamente.
O mesmo día, á mesma hora e a escasos 50 metros...
Esta actuación, unha vez máis, demostra o carácter antidemocrático do Partido Popular de Portas, que xa non mantén nin as formas nin o máis mínimo respecto polas máis sinxelas normas de convivencia.

Ningún comentario: