31/03/2011

Asemblea local de Portas

O domingo 3 de abril ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Cámara Agraria en Portas.
Reunión importante. Trataránse temas de política local e organización da campaña electoral.
Rógase asistencia e puntualidade.

27/03/2011

O éxito do BNG será o fracaso do PP

Convención Electoral Municipal

O pasado sábado 26 de marzo celebrouse en Santiago a Convención Nacional Electoral. O Palacio de Congresos abarrotouse coa presenza de representantes de todas as candidaturas aos 315 concellos de Galiza, e por suposto, Portas tamén estivo ben representado.
Arturo Fontán, candidato á Alcaldía de Portas.

Ateigado o Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

Foto con tod@s @s candidat@s do BNG.

21/03/2011

O Valedor do Pobo confirma a adxudicación a dedo

O alcalde debe iniciar a adxudicación do bar da Azucreira
A pesares de que é de dominio público que o bar-cafetería da Azucreira foi adxudicado a dedo polo alcalde (ver documento), o PP non fixo absolutamente nada ao respecto, máis ben ao contrario, dedicouse a mentir pretendendo cambiar a realidade.
Instalacións da Azucreira
Ante o desprezo do PP por darlle oportunidades a outras persoas para explotar o bar, mediante unha licitación pública, os feitos foron postos en coñecemento do Valedor do Pobo.
A pesares da lentitude do proceso, debido aos atrancos postos polo goberno municipal do PP, o Valedor do
Pobo resolveu a favor do BNG formulándolle ao alcalde un recordatorio de deberes legais, que textualmente di:
o Concello de Portas debe iniciar a tramitación do expediente administrativo procedente para adxudicar o disfrute e aproveitamento das instalacións existentes no edificio municipal da Azucreira mediante unha licitación pública.
O bar da Azucreira debe ser, pois, adxudicado mediante unha poxa pública na que calquera veciño ou veciña
poida participar en igualdade de condicións.
Non está de máis lembrar novamente que o BNG non cuestiona se a xestión do actual concesionario das instalacións é axeitada ou non, o que afirma é que a cesión existente é irregular polo que debe revogarse, dándolle as mesmas oportunidades a todas as persoas que queiran concursar á concesión do citado bar.

18/03/2011

Asemblea local de Portas

O domingo 20 de marzo ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Cámara Agraria en Portas.
Reunión importante. Trataránse temas de política local e candidatura para as vindeiras eleccións municipais. Nesta reunión pecharase a lista e establecerase un calendario de traballo.
Calquera simpatizante ten abertas as portas para expresar a súa opinión.
Rógase asistencia e puntualidade.

17/03/2011

O BNG de Portas denuncia que o PP lle nega toda información dende hai 6 meses

O goberno municipal oculta as súas decisións á oposición

O goberno municipal de Portas do Partido Popular facendo gala unha vez máis da súa prepotencia e falla de respecto pola democracia, non permite que os concelleiros do BNG poidan realizar a súa función de fiscalización. Négaselle calquera tipo de información, non respondendo as preguntas realizadas en Pleno, pero o que é moito máis grave, ocultándolle as actas da Xunta de Goberno.
Todas as decisións significativas do goberno municipal son tomadas en Comisión de Goberno, un órgano do que está excluído o BNG, baleirando absolutamente de contido os Plenos Ordinarios da Corporación.
A pesares da obrigatoriedade de enviarlle aos membros da Corporación as copias das actas das reunións da Comisión de Goberno nun prazo inferior a 10 días dende a súa celebración, isto en Portas non se cumpre, ata o punto de que hai 6 meses que se lle nega dita información.
O BNG leva meses esixindo que se lle informe das decisións do goberno municipal, pero agora que se achegan as eleccións municipais, o Partido Popular mostra a súa cara máis intolerante e trata de limitar ao máximo o traballo da oposición.
O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego considera que o cumprimento da normativa por parte dos poderes públicos é obrigado, e ten que ser exemplarizante.

O Bloque Nacionalista Galego esixe ser informado de forma inmediata das decisións tomadas polo goberno municipal e denuncia a intolerancia, prepotencia e falla de vontade democrática do Partido Popular.

05/03/2011

Asemblea local de Portas

O domingo 13 de marzo ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Camara Agraria en Portas.
Reunión importante. Trataránse temas de política local e candidatura para as vindeiras eleccións municipais. Nesta reunión pecharanse os primeiros postos da lista por cada parroquia.
Calquera simpatizante ten abertas as portas para expresar a súa opinión.
Rógase asistencia e puntualidade.

02/03/2011

Asemblea local de Portas

O sábado 5 de marzo ás 20:00 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Camara Agraria en Portas.
Reunión importante. Trataránse temas de política local e candidatura para as vindeiras eleccións municipais.
Rógase asistencia e puntualidade