27 de dec. de 2010

Pleno ordinario

O xoves 30 de decembro ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2. Coñecemento resolucións da Alcaldía.
3. Rogos e preguntas.

16 de dec. de 2010

Asemblea local de Portas

O sábado 18 de decembro ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Camara Agraria en Portas.

Reunión importante. Trataránse temas de política local e candidatura para as vindeiras eleccións municipais.
Rógase asistencia e puntualidade.

25 de nov. de 2010

A Escola Infantil de Portas ten cortes eléctricos a diario

O BNG acusa ao Alcalde de Portas de pasividade

A Escola Infantil de Portas, que pertence á rede de Galiña Azul, soporta cortes no subministro eléctrico practicamente a diario. A deficiente conexión eléctrica coa rede exterior provoca os cortes, que implican que deixe de funcionar o sistema de calefacción, que os nenos e nenas estean en penumbra nas aulas e, o que é peor de todo, que nin sequera se lles poida quentar a comida, polo que aos máis cativos, que non poden tomar outra cousa que non sexa biberón, non se lles poidan dar as tomas nas horas que lles corresponde.

Esta situación non é nova, xa que se repite practicamente dende que se puxeron en funcionamento as instalacións. O Concello de Portas que é o responsable do mantemento, é coñecedor desta situación, pois son numerosas as queixas da dirección da Escola e dos pais e nais. Tamén son habituais os cortes eléctricos no Centro de Día.

Ante estas deficiencias, o Concello de Portas, en lugar de resolver os problemas de conexión coa rede eléctrica exterior, puxo un remendo cun grupo electróxeno que está a funcionar dende a lo menos abril de 2009, cun custo de 700€/mensuais, o cal supón 14.000€ acumulados dende entón. En calquera caso, o problema non se resolveu, e ademais o remendo, que debería ser algo provisional, está a producir unhas cargas enormemente gravosas para as maltreitas arcas municipais.

Esta situación de pasividade do goberno municipal do PP tamén se repite na nova depuradora de auga potable que subministra á traída municipal nas parroquias de Lantaño, Portas e Romai. Estas instalacións están a funcionar dende outubro de xeito provisional tamén cun xerador de gasoil ante a falla dunha conexión acaída coa rede eléctrica. A crise das algas tóxicas no río Umia foi o detonante para que unhas obras que estaban rematadas a principios de ano puidesen poñerse en funcionamento, pero dun xeito absolutamente chapuceiro.

O Bloque Nacionalista Galego esixe que se resolva de xeito inmediato e definitivo o subministro eléctrico da Escola Infantil, do Centro de Día e da depuradora de auga potable da traída municipal.

12 de nov. de 2010

Asemblea local de Portas

O domingo 14 de novembro ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Camara Agraria en Portas.

Reunión importante. Trataránse temas de política local e candidatura para as vindeiras eleccións municipais.
Rógase asistencia e puntualidade.

27 de out. de 2010

Pleno Ordinario

O venres 29 de outubro ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación acta sesión anterior.
2. Orzamento municipal 2010.
3. Coñecemento das resolucións da Alcaldía.
4. Rogos e preguntas.

25 de out. de 2010

A auga da traída municipal non é apta para o consumo

O BNG acusa ao Alcalde de Portas de irresponsabilidade
Dende que hai máis dun mes se iniciara a crise das algas tóxicas no río Umia, o goberno do Concello de Portas atópase desaparecido e non toma as medidas necesarias para atallar ou sequera paliar os problemas de contaminación na traída municipal que subministra a tres das catro parroquias do concello (Lantaño, Portas e Romai).
A proliferación de cianobacterias na auga do río Umia provoca que a captación municipal de Rabuñade (Lantaño) se atope actualmente en alerta máxima (Alerta 2) de vixilancia pola contaminación con toxinas, sendo a segunda vez en menos dun mes.
A pesares da gravidade da situación e do risco para a saúde da poboación, o Concello actuando irresponsablemente non informou aos usuarios nin tomou medidas para solucionar o problema.
A potabilizadora, construída cun convenio asinado coa Xunta anterior, púxose en funcionamento hai escasos días de forma provisional cun xerador eléctrico portátil, a pesares de que leva rematada dende hai case un ano. En calquera caso non está preparada para eliminar a toxina.
Como é posible que para Caldas de Reis se estea subministrando auga en camións cisterna estando en Alerta 1 na captación de Segade, mentres o Concello de Portas cun nivel superior de alerta (Alerta 2) nin sequera advirta dos riscos á poboacion?
O Alcalde (PP), máis preocupado na súa ambición por ser candidato á Alcaldía nas vindeiras eleccións, a pesares da súa condena por corrupción, non defende os intereses dos veciños e veciñas de Portas e unha vez máis subordínase aos intereses da Xunta na esperanza de que o Partido Popular o premie polo seu silencio.

O Bloque Nacionalista Galego esixe que se informe á poboación do risco para a saúde polo consumo de auga da traída municipal e a adopción das medidas necesarias para garantir de forma inmediata a súa salubridade, así como unha solución definitiva para a eliminación de algas tóxicas no río Umia.

18 de out. de 2010

Charla informativa en Portas sobre a nova Lei de Augas

Domingo, 24 de outubro ás 12:00 h.

O voceiro do BNG de Portas falará de:
1. Nova lei da augas.
2. Crise da alga tóxica no río Umia e afectación na traída municipal.

Lugar: Casa da cultura
Hora: 12:00 h.

Charla informativa en Lantaño sobre a nova Lei de Augas

Sábado, 23 de outubro ás 20:30 h.

O voceiro do BNG de Portas falará de:
1. Nova lei da augas.
2. Crise da alga tóxica no río Umia e afectación na traída municipal.

Lugar: Teleclube de Lantaño
Hora: 20:30 h.

Charla informativa en Romai sobre a nova Lei de Augas

Venres, 22 de outubro ás 21:00 h.

O voceiro do BNG de Portas falará de:
1. Nova lei da augas.
2. Crise da alga tóxica no río Umia e afectación na traída municipal.

Lugar: Teleclube de Romai
Hora: 21:00 h.

14 de out. de 2010

Asemblea local de Portas

O domingo 17 de outubro ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Camara Agraria en Portas.

Trataránse temas de política local.
Rógase asistencia e puntualidade.

24 de ago. de 2010

Pleno Ordinario

O venres 27 de agosto ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Aprobación actas sesións anteriores.
2. Aprobación conta xeral exercizo 2007.
3. Aprobación conta xeral exercizo 2008.
4. Coñecemento das resolucións da Alcaldía.
5. Rogos e preguntas.

29 de xul. de 2010

Asemblea local de Portas

O venres 30 de xullo ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Camara Agraria en Portas.

Trataránse temas de política local.
Rógase asistencia e puntualidade.

9 de xul. de 2010

Os proxectos hidráulicos da Xunta e a Deputación son moi lesivos para Briallos

O BNG de Portas organiza unha charla informativa en Briallos

O domingo 11 de xullo, ás 11:00 h. da mañá, o BNG de Portas realizará unha charla nas Escolas de Briallos para informar a todos os veciños e veciñas sobre dous temas de gran repercusión para a parroquia:

- captación no río Chaín para abastecer ao Concello de Barro e ao polígono industrial Barro-Meis,

- nova Lei de Augas de Galiza.

A Xunta, a Deputación e os Concellos de Barro e Portas teñen asinado un convenio para a construción dunha captación para subministrar ao Concello de Barro e ao polígono industrial Barro-Meis. Esta captación realizarase no mesmo punto do río Chaín no que xa existe unha captación para a parroquia de Briallos. No convenio asinado o Concello de Portas comprométese a mercar os terreos para as novas instalacións pero non obtén ningún beneficio a cambio. Ademais de poñer en risco o abastecemento da parroquia en época estival dado o escaso caudal do río, supón un agravio comparativo pois Portas ten que facer un considerable desembolso económico mentres que o concello de Barros, que é o máximo beneficiado, non ten que pagar nada. Tamén se producirá unha suba brutal no prezo da auga e se perderá a xestión municipal da captación, que pasará a mans privadas.

Por outra banda, o BNG de Portas segue desenrolando a campaña informativa sobre o alcance da nova Lei de Augas, que se está debatendo no Parlamento de Galiza. Esta lei tal como se pretende aprobar é terriblemente lesiva para todos os veciños do concello. O PP pretende crear dous novos impostos indirectos (canon da auga e coeficiente de vertido) coa única intención de aumentar a capacidade recadatoria da Xunta, incrementando de forma exponencial a presión fiscal sobre o uso e consumo de auga. Estas novas cargas recaen fundamentalmente sobre os consumos domésticos e asimilables (comercio, hostalaría ou pequenas empresas), aínda que non dispoñan de servizos municipais de abastecemento e/ou saneamento.

6 de xul. de 2010

Charla informativa en Briallos sobre a nova Lei de Augas

Domingo, 11 de xullo ás 11:00 h.

O voceiro do BNG de Portas falará de:
1. Nova lei da augas.
2. Captación para o polígono industrial Barro-Meis e o Concello de Barro.

Lugar: Escola de Briallos
Hora: 11:00 h.

25 de xuño de 2010

O BNG de Portas presenta unha alegación ao proxecto de autovía Curro-Baión

Os concelleiros do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Portas, ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Dirección Xeral de Infraestruturas, Subdirección Xeral de Estradas) comparecen e, como mellor proceda,

DIN

Que se anunciou no Diario Oficial de Galicia nº 105, de 4 de xuño de 2010, a Resolución do 20 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Infraestruturas, pola que se somete ao trámite de información pública complementaria o documento para información pública da autovía Curro-Baión, treito II: enlace de Costa-Baión.

Adaptación do trazado entre o p.k. 1+930 ao 3+400 (Clave PO/02/199.01.3.2), e que entendendo lesiva dita Adaptación do trazado aos intereses dos veciños e veciñas do concello de Portas, procedemos a formular a seguinte,

ALEGACIÓN

Segundo consta no Documento para Información Pública (DIP), a construción da futura estrada AG-47 modificará o trazado de varios camiños existentes no Concello de Portas e creará outros para dar servizo ás parcelas lindeiras coa obra.

Na rede de camiños actuais destaca un camiño que discorre de xeito sensiblemente paralelo e próximo ao linde entre os concellos de Portas e Meis, pero en terreos do primeiro (ver Imaxes 1 e 2).

Segundo o DIP, vaise construír o camiño denominado “C. MD 2.2” que substitúe en parte ao camiño mencionado anteriormente, sen embargo, non lle da continuidade como agora si ten, rompendo a rede de camiños actual. Na Imaxe 3 pode verse a situación prevista segundo o proxecto construtivo, e na Imaxe 4 pode verse a proposta de modificación para dar cumprimento a esta alegación.

Imaxe 1. Imaxe aérea da zona.

Imaxe 2. Trazado do camiño actual.

Imaxe 3. Situación prevista segundo o proxecto construtivo.

Imaxe 4. Proposta de modificación.

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego do concello de Portas considera que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas debe proceder a modificar o proxecto construtivo da estrada AG-47 para considerar a prolongación do camiño “C. MD. 2.2” nunha lonxitude próxima aos 100 m para dar continuidade á rede de camiños actual.

En virtude do anteriormente exposto,

Á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS SOLICITAN

Que teña por presentado este escrito, sírvase admitilo e, en méritos ao seu contido, teña por formulada en tempo e forma a alegación nel vertida e acorde:

A modificación do proxecto construtivo da estrada AG-47 para considerar a continuidade da rede de camiños existente e prolongue o camiño “C.MD. 2.2” cara ao norte nunha lonxitude de aproximadamente 100 m ate a unión co camiño actual.

24 de xuño de 2010

O PP retrasa deliberadamente a toma de posesión de 2 concelleiros do BNG

O BNG de Portas denuncia outra cacicada do Alcalde


Mañá, venres 25 de xuño ás 14:50 h., celebrarase na casa do Concello de Portas un pleno ordinario, no que non poderán participar dous membros electos do BNG, habendo puntos da orde do día de toma de decisións, porque o Alcalde de Portas (PP) non os convoca previamente para tomar posesión do cargo de concelleiro.

O grupo municipal do BNG, que debería contar con tres concelleiros, sufriu dúas baixas pola renuncia de Xavier Loureiro (28 de marzo de 2010) e o falecemento do compañeiro Keko García (24 de abril de 2010), sen embargo aínda están sen cubrir as vacantes, a pesares de que a Xunta Electoral Central xa nomeou os substitutos e estes xa dispoñen das credenciais dende hai tempo.

Tamén mañá, pero ás 15:10 h., só 20 minutos despois do primeiro, hai convocado un Pleno Extraordinario precisamente para que os dous novos concelleiros do BNG tomen posesión do seu cargo: Raúl Lorenzo (Briallos) e Teresa Rivas (Lantaño).

Esta forma de proceder do grupo de goberno do Partido Popular supón un novo desprezo pola democracia e unha cacicada. Deliberadamente estáselle limitando ao BNG a lexítima representación no pleno da corporación que acadou nas eleccións de maio de 2007, pero o que é máis grave, estase tratando de silenciar a voz dos veciños e veciñas de Portas que votaron por unha opción diferente da de goberno. E de paso, dilapídanse os cartos públicos porque en escasos 20 minutos cóbranse dúas dietas.

O grupo de goberno do PP está a tomar represalias contra o BNG por exercer con firmeza o seu papel de oposición, denunciando os escándalos de corrupción do concello (o Alcalde de Portas está condenado por negociacións prohibidas aos funcionarios), as cesións de instalacións municipais a dedo ou as débedas económicas, entre outros.


O Bloque Nacionalista Galego denuncia a intencionada dilación por parte do Alcalde de Portas para retrasar a toma de posesión de dous concelleiros elixidos democraticamente, impedíndolles que participen na toma de decisións.

22 de xuño de 2010

Plenos Ordinario e Extraordinario

O venres 25 de xuño ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Aprobación actas sesións anteriores.
2. Ratificación acordo xunta de goberno local 24 de marzo/Plan concertado 2010.
3. Coñecemento das resolucións da Alcaldía.
4. Rogos e preguntas.

A continuación, 15:10 h, celebrarase un pleno extraordinario para:
Punto único: Toma de posesión señores concelleiros desta corporación para cubrir baixas producidas por renuncia e falecemento.

11 de xuño de 2010

Unha saída xusta á CRISE é posible


CHARLA sobre a CRISE


VENRES, 18 de xuño ás 21:30 h. intervirán

ARTURO FONTÁN Voceiro do Grupo Municipal do BNG de Portas.

DUARTE CORREA Sindicalista da CIG.

Lugar: Casa de Cultura (Portas).
Hora: 9 e media da tarde (21:30 h).

"Non ao tesoirazo de Zapatero".
"Non ás políticas neoliberais de PP e PSOE".

26 de maio de 2010

Convocatoria Extraordinaria da Comisión Especial de Contas

O venres 28 de maio ás 14:50 h. celebrarase unha reunión da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:


1. Aprobación de acta anterior.
2. Informe conta xeral exercicio 2007.
3. Informe conta xeral exercicio 2008.

18 de maio de 2010

Asemblea local de Portas

O domingo 23 de maio ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Camara Agraria en Portas.

Trataránse temas de política local.
Rógase asistencia e puntualidade.

17 de maio de 2010

10 de maio de 2010

A adxudicación a dedo da cafetería da Azucreira divide aos hostaleiros de Portas

Nova publicada en La Voz de Galicia de 10 de maio de 2010


A concesión do bar do edificio sen poxa previa foi denunciada polo BNG

División de opinións entre os hostaleiros de Portas por mor de facerse público que o alcalde, o popular Roberto Vázquez, adxudicou a dedo a través dunha autorización en precario a explotación do edificio da Azucreira cun bar-cafetería. La Voz contactou onte con varios establecementos para coñecer a súa opinión respecto diso.
Todos os consultados accederon a dar a súa versión coa condición de que o seu nome e o do local queden no anonimato. Algúns expresaron o seu malestar co proceder do rexedor e outros se mostraron indiferentes. Como exemplo, dous testemuños. «Eu non entro nin saio. Non me interesa ese tema, eu estou ao meu e nada máis», comentou un hostaleiro de Portas.
Outro criticou a decisión de Vázquez Souto e non descartou algunha medida, xa que «o malestar é grande»: «¿Que me parece? é unha cousa inxusta. Eu pensaba que estaba legal e agora decátome polo xornal de que foi unha adxudicación a dedo». O propietario deste restaurante falou de «competencia desleal aproveitándose dun local público» ao non haber licitación nin poxa pública previa. «Non se pode dar algo aos amigos aproveitándose do ben de todos», remachou.
O BNG de Portas, que o venres deu a coñecer o caso, non quixo difundir o nome do adxudicatario do bar ao entender que «quen actúa irregularmente é o alcalde, non o concesionario». Con todo, o nome desa persoa estaba onte en boca dos hostaleiros. Fontes consultadas por La Voz afirmaron que se trata dunha muller, familiar directa de David Neira Caldas.
Este home testificou o pasado 23 de febreiro no xuízo contra o rexedor por contratar obras e servizos do Concello a empresas da súa familia. En concreto, David Neira foi citado a declarar polo fiscal como socio da empresa Escavaciones Luneira, dedicada ao movemento de terras. Na sentenza, que condenou a Roberto Vázquez a un ano de suspensión e unha multa de 3.600 euros por un delito de negociacións prohibidas aos funcionarios, afírmase que Excaciones Luneira foi unha «empresa interposta» que serviu para evitar unha contratación directa do Concello con entidades vinculadas ao rexedor.

7 de maio de 2010

O BNG denuncia a cesión irregular do edificio da Azucreira

Cacicada e concesión a dedo do Alcalde de Portas

Con data de 31 de marzo de 2009 o Alcalde de Portas, Roberto Vázquez, sen coñecemento do Pleno da Corporación, nin sequera da Xunta de Goberno, autorizou a cesión de uso en precario por un periodo de dous anos do auditorio, a sala de exposición e o salón do edificio da Azucreira a unha persoa particular (ver documento adxunto). Este concesionario, con coñecemento do alcalde, está a explotar economicamente as instalacións mediante un bar-cafetería, pero sen licitación ou poxa pública.

O alcalde está a cometer unha ilegalidade porque autoriza o uso dunhas instalacións municipais a unha persoa concreta sen que ninguén máis poida optar á cesión. Tampouco os negocios próximos poden competir en igualdade de condicións, pois o concesionario non ten que pagar ningún tributo ao concello, nin o consumo de auga e electricidade. Esta é unha cacicada e unha concesión a dedo intolerable.

O BNG non cuestiona se a xestión do actual concesionario das instalacións é axeitada ou non, sen embargo, a cesión é irregular e comporta unha gran inseguridade xurídica para o concesionario en caso dalgún incidente.

O Bloque Nacionalista Galego esixe a revogación inmediata da autorización, e se convoque unha poxa pública, de acordo aos principios de publicidade, concorrencia, transparencia, igualdade e non discriminación, establecendo unhas bases con criterios obxectivos que garantan a igualdade de oportunidades dos interesados na explotación do bar, ademais de evitar a competencia desleal cos negocios próximos.

Nota: o nome do beneficiario do contrato e a súa sinatura mantéñense ocultos deliberadamente para que non se vexa prexudicado. Consideramos que quen actúa irregularmente é o Alcalde, non o concesionario.

29 de abr. de 2010

Portas celebra o primeiro pleno ordinario en 4 meses

O BNG esixirá a dimisión do alcalde condenado por corrupción

Mañá, venres 30 de abril ás 14:50 h., celebrarase na casa do Concello de Portas o primeiro pleno ordinario en máis de 4 meses.

Dende o último pleno celebrado a finais de decembro do pasado ano, aconteceron distintos sucesos de moita transcendencia para o Concello de Portas.

Neste tempo, o alcalde Roberto Vázquez (PP) foi xulgado e condenado a pagar unha multa de 3600€ e un ano de inhabilitación por negociacións prohibidas aos funcionarios. A sentenza considera probado que o alcalde se aproveitou do seu cargo público para gañar cartos a costa dos veciños e veciñas de Portas, tratando de ocultalo mediante empresas interpostas. Iso é corrupción!

Recentemente tamén aconteceu o tráxico falecemento do responsable local do BNG, o compañeiro Keko. Aínda que esta irreparable perda produciu unha grande consternación no grupo municipal do Bloque, que será difícil de superar, estamos decididos a encarar o futuro e proseguir cunha firme labor de oposición, propoñendo unha alternativa de goberno para o Concello de Portas.


O Bloque Nacionalista Galego de Portas esixirá a dimisión inmediata do Alcalde Roberto Vázquez, condenado por corrupción, e demandará que o grupo de goberno do Partido Popular atalle a corrupción e releve das súas funcións ao rexedor de Portas.

28 de abr. de 2010

Pleno Ordinario

O venres 30 de abril ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Aprobación actas sesións anteriores.
2. Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar e persoas valoradas como dependentes.
3. Ordenanza reguladora da licenza da tenza de animais potencialmente perigosos.
4. Renuncia concelleiro D. Francisco Xavier Loureiro Vázquez.
5. Falecemento concelleiro D. Jorge Fernando García Pampín.
6. Coñecemento das resolucións da Alcaldía.
7. Rogos e preguntas.

23 de abr. de 2010

Pasamento do noso compañeiro Keko

Compañeiro / Compañeira:

Comunicámosche a triste nova do pasamento do noso compañeiro Keko García Pampín, responsábel e portavoz municipal do BNG no Concello de Portas.

Está no tanatorio do Caldas-estrada de Vilagarcía.
Enterro mañá ás 17:30 h. no cemiterio de Portas.

20 de abr. de 2010

O BNG esixe a dimisión inmediata do alcalde Roberto Vázquez (PP)

O Alcalde de Portas condenado a un ano de suspensión

O pasado venres 9 de abril fíxose pública unha sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra pola que se condena ao alcalde de Portas, Roberto Vázquez Souto (PP), a pagar unha multa de 3.600 € e a un ano de suspensión de emprego ou cargo público como autor dun delito de negociacións prohibidas aos funcionarios.

A sentenza considera probado que o alcalde realizou contratacións administrativas directas para o Concello con empresas que á súa vez contrataban con firmas pertencentes a el mesmo ou á súa muller e fillos, pero das que el era o administrador.

A querela contra o alcalde foi presentada no ano 2000 por todos os grupos da oposición no Concello, incluído o BNG.

Contra o fallo cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, dereito que Roberto Vázquez xa anunciou que exercerá.

A extrema lentitude da xustiza fixo que a sentenza se demorase 10 anos, beneficiando ao alcalde que grazas á dilación indebida no procedemento, foi condenado a unha pena menor da considerada na lei. Agora recorrerá a sentenza coa única intención de gañar tempo e aprazar unha vez máis a resolución definitiva deste asunto.

Hai que lembrar que Roberto Vázquez aínda ten pendentes varios xuízos entre os que destaca un por unha suposta fraude fiscal á Facenda Pública.

---

Cando o BNG denunciou as irregularidades nas contratacións por parte do alcalde, o Partido Popular negou os feitos. Cando o fiscal imputou ao alcalde en delitos de autocontratación, o Partido Popular respondeu que Roberto Vázquez era inocente. Agora que unha xuíz condenou ao alcalde por negociacións prohibidas aos funcionarios, o Partido Popular mira para outro lado e di que a sentenza non é firme.

Ao Partido Popular éncheselle a boca a diario dicindo que son incompatibles coa corrupción, pero a realidade é que ampara aos corruptos, e non hai que mirar en sumarios Gürtel, nin en casos Matas, … temos un caso ben próximo. Unha xuíz condenou a Roberto Vázquez por aproveitarse do seu cargo para gañar cartos a costa do concello de Portas. Iso é corrupción!

O Partido Popular vai a seguir tapando o nariz e mirando para outro lado? Ou pensa atallar o problema e botar do seu partido as mazás podres?

Recorrer a sentenza non vai cambiar a culpabilidade do alcalde, só retrasará a súa execución, prolongando a agonía de Roberto Vázquez, e provocando que a situación interna do concello sega a deteriorarse prexudicando ás veciñas e veciños que sempre son os damnificados. Se ao alcalde ou a Rafael Louzán lles quedase un mínimo de decencia e non antepuxesen os seus intereses ás necesidades da cidadanía, xa tería dimitido hai tempo.

Os concelleiros do PP de Portas non teñen nada que dicir? Por que seguen calados? Van tomar algunha medida ou seguirán cobrando do concello sen facer absolutamente nada? Canto dano lle ten que seguir producindo o alcalde a Portas para que o PP faga algo?

---

Onte, a presidenta do Partido Popular de Madrid, Esperanza Aguirre, ao ser preguntada nunha entrevista por se cre que os políticos deben deixar os seus cargos cando son imputados, declarou: "Me parece que si a un político lo imputan por una cuestión relativa a su cargo no tiene por qué dimitir, pero si de lo que se le acusa o de lo que hay indicios es de la utilización del cargo para enriquecerse, corrupción o cualquier cosa delictiva o incorrecta que tenga que ver con aprovecharse del cargo, entonces sí".

O BNG pregúntalle ao presidente provincial do Partido Popular, Rafael Louzán: vostede pensa igual que a súa homóloga do PP de Madrid?, ou seguirá amparando a políticos corruptos con tal de manter a súa poltrona?

Para o BNG non hai corruptos de primeira, porque aparezan nos titulares dos xornais, ou de segunda. Os políticos que se enriquecen aproveitándose do seu cargo son simplemente CORRUPTOS. Amparar a un corrupto para manter a cadeira propia, é outra forma de corrupción.

Quizais sexa oportuno recordarlle aos cargos públicos do PP o que di o seu propio Código de boas prácticas sobre o motivo da condena ao alcalde de Portas:

“1.e) Asumirán o compromiso de cumprir estritamente o réxime de incompatibilidades previsto nas leis, non dedicándose, por si nin por persoa interposta, a actividades que poidan vulneralo”.

19 de abr. de 2010

Rolda de prensa

Mañá, 20 de abril de 2010 ás 17:30 h. no local comarcal do BNG de Pontevedra celebrarase unha rolda de prensa para expoñer a postura do BNG a respecto da recente condena ao alcalde de Portas por negociación prohibida aos funcionarios.


Intervirán:
- Anxos Riveiro (responsable comarcal),
- Keko García (concelleiro de Portas), e
- Arturo Fontán (concelleiro de Portas).

O BNG denuncia que a captación de auga para o polígono industrial Barro-Meis compromete a subministración da parroquia de Briallos

Un acordo inxusto para o Concello de Portas

A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra pretenden construír de forma inminente unha captación de auga no río Chaín, á altura da parroquia de Briallos, para abastecer ao polígono industrial de Barro-Meis e tamén a todo o concello de Barro.

O pasado 28 de setembro de 2009, a Xunta de Goberno do concello de Portas, órgano onde non está representado o BNG, aprobou un borrador de convenio para a execución das obras. Neste documento o concello de Portas comprométese a poñer a disposición da empresa construtora os terreos necesarios para a captación, unha depuradora e as tubaxes, pero sen recibir contraprestación algunha (ver documento adxunto).

Posteriormente, o Consello da Xunta aprobou o 29 de outubro de 2009 un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (MAPI), a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPSSH), o Instituto para a Promoción e o Equipamento do Solo Industrial de Pontevedra (Ipespo) e os concellos de Barro e Portas para a execución das obras de abastecemento.

O concello de Portas só ten un acordo verbal, non reflectido no convenio, para poder compartir a captación para abastecer Briallos, parroquia que xa ten dende hai anos unha captación no mesmo punto do río Chaín para a súa subministración.

Ademais, segundo o convenio o concello de Portas renuncia a cobrar taxas pola explotación da captación. Así, mentres os concellos de Barro e Meis se beneficiarán economicamente da explotación da captación ao cobrar taxas pola actividade de empresas no polígono industrial, o concello de Portas está a renunciar a uns ingresos que lle corresponden pola actividade económica xerada.

O Bloque Nacionalista Galego non se fía das boas palabras e esixe que se anule o borrador e se asine un novo convenio onde se garanta que a parroquia de Briallos dispoña para consumo doméstico do caudal depurado suficiente durante todo o ano con prioridade respecto da subministración ao polígono industrial, incluso en época estival, momento no que o caudal do río Chaín se reduce drasticamente. Ademais, o concello de Portas non debe ser menos que os concellos de Barro e Meis, e os beneficios económicos da explotación da captación deben repercutir tamén nas arcas do concello de Portas.

15 de abr. de 2010

O BNG de Portas denuncia o lamentable estado de abandono do pavillón de Romai

O pavillón deportivo de Romai en estado ruinoso

O pavillón deportivo de Romai foi construído en 1986 co sacrificio persoal de moitos veciños e veciñas da parroquia, que poñendo a man de obra de balde, lograron gozar dun dos primeiros pavillóns deportivos na comarca, cando moitos dos concellos limítrofes aínda non tiñan ningún. Foi xunto co velódromo un éxito que agora podrece no esquecemento.

Dende que en 1992 o Partido Popular acadara o goberno do Concello de Portas o pavillón de Romai caeu no máis absoluto esquecemento da administración. En 18 anos de goberno “popular” non foi obxecto de ningunha reforma, pero tampouco do máis básico mantemento. O resultado é unha instalación onde os furados na cuberta fan que a pista de xogo se inunde cada vez que chove, onde todos os focos de iluminación están ou rotos ou fundidos, os vestiarios están cheos de escombros e lixo, as ventás están rotas, a maleza medra polas paredes, as fendas abertas ameazan con derrubes e as porterías e canastras son inservibles (ver fotografías adxuntas).

O Concello de Portas é responsable desta situación, que pon en risco a integridade dos usuarios que se aventuran a usar as instalacións. Tampouco a xunta rectora da Comunidade de Montes de Romai, da que o alcalde Roberto Vázquez forma parte dende hai 16 anos, fixo nada para resolver este problema.

O 14 de febreiro de 2009 o BNG presentou unha moción no concello para solicitar a reparación urxente e reforma do pavillón, acordándose por unanimidade no pleno de 27 de febreiro de 2009, levar a cabo o arranxo e mellora das instalacións. Sen embargo, máis dun ano despois o goberno municipal non fixo absolutamente nada respecto deste acordo plenario. Da a impresión de que ten que suceder unha desgraza persoal, que ninguén desexa, para que o concello tome medidas, aínda que xa non serán urxentes como se aprobara.

Dende hai anos, un grupo de mulleres, por iniciativa propia e sen apoio do concello, veñen realizando clases organizadas de ximnasia e mantemento físico dúas veces por semana no pavillón deportivo. Actualmente, a falla absoluta de iluminación obrígalles a empregar un xerador eléctrico particular para poder continuar coa súa actividade. A esperpéntica, ridícula e insultante solución que lles propuxo a alcaldía ante as queixas das afectadas foi que realizasen as clases de ximnasia no escenario do próximo local social da asociación cultural Xosefina Figueroa.

O Bloque Nacionalista Galego denuncia a situación de absoluto abandono do pavillón deportivo de Romai, responsabiliza delo ao Concello de Portas e esíxelle que asuma de forma urxente a reparación e reforma para garantir a seguridade dos seus usuarios, permitir o uso das instalacións con normalidade independentemente dos axentes atmosféricos externos e dotar as instalacións dunha acaída funcionalidade.

10 de abr. de 2010

Condenan ao alcalde de Portas a un ano de suspensión por contratar obras ás súas empresas



A sentenza tamén lle impón unha multa de 3.600 euros

Unha sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, coñecida onte, condena ao alcalde de Portas, Roberto Vázquez Souto (PP), a unha multa de 3.600 euros e a un ano de suspensión de emprego ou cargo público como autor dun delito de negociacións prohibidas aos funcionarios. Contra o fallo cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial.

A sentenza considera probado que o rexedor realizou entre 1998 e 1999 contratacións administrativas directas para o Concello con empresas que á súa vez contrataban con firmas pertencentes á súa contorna familiar e das que el era o «real administrador». Trátase das entidades Comercial Vázquez Vázquez S.?A., da que Roberto Vázquez era o presidente do consello de administración e conselleiro delegado, e de Comercial Chandouteiro S.?L., que tiña como socios aos seus tres fillos e como administradora, á súa muller, aínda que era el «quen administraba a sociedade».

Expón que tras a baixa médica dun operario municipal, e para realizar a recollida de lixos en agosto, setembro e parte de outubro de 1998, o rexedor contratou -mediante a «empresa interposta» Transportes Antonio - para esa tarefa a Manuel Mandayo. Este home fora empregado de Comercial Vázquez ata decembro de 1997 e neses meses era traballador de Comercial Chandouteiro. O representante de Transportes Antonio , logo de facturarlle ao Concello, entregaba as cantidades a Comercial Vázquez.

Do mesmo xeito procedeuse coa empresa Escavacións Luneira, que facturou ao Concello o transporte dunhas lonas para unha festa da terceira idade desde O Porriño, cando o desprazamento foi realizado tamén por Manuel Mandayo, que traballaba para Comercial Chandouteiro. Esta entidade emitiu nove facturas ao Concello que non foron aínda aprobadas nin abonadas. Resulta «relevante», sinala o fallo, que Escavacións Luneira non tiña camións nin choferes.

Nestes dous casos a sentenza conclúe que foi Roberto Vázquez quen contratou directamente a Manuel Mandayo para eses traballos. Noutra das obras, a retirada duns cascallos da escola taller por parte de Chandouteiro, non se considera probada a influencia do rexedor.

Situación difícil

Aínda que non é firme, a sentenza deixa nunha difícil situación ao alcalde de Portas con vistas ás eleccións do 2011. Roberto Vázquez goberna desde 1992 esta localidade de tres mil habitantes. No xuízo proclamara a súa inocencia: «Sinto inocente, non son culpable de nada porque non fixen nada malo». O caso das autocontrataciones do rexedor xudicializouse tras a querela presentada no ano 2000 por todos os grupos da oposición no Concello. O rexedor ten pendente outro xuízo por unha suposta fraude fiscal a Facenda.

A pena imposta polo Xulgado do Penal é inferior á que pedía o Ministerio Fiscal -unha multa de 5.400 euros e un ano de suspensión-, que na vista modificou as súas conclusións pola atenuante de dilacións indebidas no procedemento. A maxistrada entende que non caben as pretensións da acusación particular, que solicitaba penas máis amplas, ata de cárcere, ao considerar que non existiu un ánimo de defraudar.

O alcalde de Portas, condeado a un ano de inhabilitación por contratar ás súas empresas

Nova publicada en Faro de Vigo de 10 de abril de 2010


El fallo halla a Vázquez culpable de un delito de negociaciones prohibidas a los funcionarios

El juzgado de lo Penal 3 de Pontevedra acaba de condenar al alcalde de Portas, Roberto Vázquez Souto, como autor de un delito de negociaciones prohibidas a los funcionarios a la pena de multa de 3.600 euros (seis meses a una cuota diaria de 20 euros al día) y la suspensión de empleo o cargo público por el tiempo de un año.
Según recoge el fallo como hechos probados, el alcalde realizó contrataciones administrativas del Concello "con empresas que a su vez contrataban con sus empresas familiares o con empresas pertenecientes a su ámbito familiar y de las que él era el real administrador". Unas adjudicaciones que se realizaban por medio del sistema de contratación directa.
Una de estas empresas es la entidad Chandouteiro que tiene como socios a sus tres hijos y como administradora a su mujer, pero que, según el fallo, administraba Roberto Vázquez Souto. De este modo, tras la baja médica de uno de los operarios del concello, y para llevar a cabo la recogida de basuras durante los meses de agosto, septiembre y parte de octubre de 1998, se contrató para este servicio a una de las empresas interpuestas, dirigida por un ex empleado de una empresa del alcalde y que en ese momento era trabajador de Chandouteiro. Dice la sentencia que el representante legal de esta empresa, después de facturar al ayuntamiento, entregaba las cantidades obtenidas a la empresa que administraba el regidor. Según el magistrado, un procedimiento similar se siguió con otra empresa a la que se le contrató el transporte de unas lonas para la celebración de una comida de la tercera edad. Es en estos dos supuestos en los que el juez encuentra acreditado la comisión del delito, ya que Chandouteiro emitió otras 9 facturas al concello, no aprobadadas, ni abonadas, ni cuyo pago reclamó la firma, hechos en los que no queda acreditada la comisión de un delito.
El juzgado de lo Penal número 3 de Pontevedra asume así los postulados del fiscal, que al término del juicio oral modificó su petición de condena en los términos que recoge la sentencia, salvo por la cuantía de la multa, que es menor. Se tiene en cuenta además la circunstancia atenuante de dilaciones indebidas lo que permite rebajar la condena impuesta al alcalde.
Señala el fallo que las firmas a las que se adjudicaron estos contratos "no fueron más que empresas interpuestas que sirvieron para evitar una contratación directa del ayuntamiento con las entidades vinculadas al regidor.

25 de mar. de 2010

O BNG denuncia a parálise do Concello de Portas

O Alcalde non convoca plenos dende hai 3 meses
A última sesión que celebrou o Pleno do Concello de Portas data do pasado luns 28 de decembro de 2009. Dende entón o Alcalde (PP) non convocou ningunha sesión, nin ordinaria nin extraordinaria, incumprindo a lei de Bases de Réxime Local, e o acordo plenario de 13 de xuño de 2007 que establecía a periodicidade dos plenos ordinarios cada 2 meses, cuestión que daquela o Partido Popular impuxera coa súa maioría absoluta.
Estes últimos tres meses, onde non se reuniu o Pleno Municipal, estiveron marcados pola celebración do xuízo contra o alcalde Roberto Vázquez por autocontratación das súas empresas dende o Concello, atopándose agora á espera de sentenza.
A non convocatoria de plenos responde exclusivamente a unha estratexia política marcada dende o Partido Popular, que pretende evitar a exposición pública do Alcalde, e o desgaste que lle poida producir unha sentenza desfavorable, impedindo de paso a función de control e fiscalización da oposición.
Mentres os problemas xudiciais dos cargos locais do Partido Popular se dilucidan, o Alcalde de Portas atópase desaparecido, provocando que o Concello se bloquee. Ao caos organizativo xerado por 18 anos de goberno do PP, engádeselle agora a falla dunha cabeza visible que tome decisións, provocando a parálise do Concello, que ademais se atopa ao borde do colapso económico, con numerosísimas débedas a institucións, provedores, empresas e incluso persoal.
O Bloque Nacionalista Galego denuncia a situación de parálise do Concello de Portas, provocada pola mala xestión e unha estratexia política do Partido Popular que antepón os seus intereses electorais ás necesidades da cidadanía, e esixe a convocatoria inmediata dun pleno ordinario.

23 de mar. de 2010

Asemblea local de Portas

O venres 26 de marzo ás 20:30 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Cámara Agraria en Portas.
Trataranse temas de política local.
Rógase asistencia e puntualidade.

16 de mar. de 2010

O BNG denuncia que o Concello de Portas malgasta os investimentos do "Plan E 2010"

Nin un céntimo en gasto social

Con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local 2010, ao Concello de Portas correspóndelle unha cantidade de 333.944 € para realizar inversións xeradoras de emprego e actuacións de carácter social. A pesares da relevancia desta inversión para o Concello de Portas, e igual que sucedera co Plan E do ano pasado 2009, o PP aplicando o rodete da súa maioría absoluta excluíu de todo o proceso de selección e decisión de proxectos ao BNG. O grupo de goberno négase a tratar este tema en Pleno, e tampouco lle permite á BNG ter acceso ás actas da Xunta de Goberno, onde realmente se toman todas as decisións e onde a oposición está excluída.
Non existe democracia no Concello de Portas cando o grupo de goberno, saltándose todas as leis e o sentido común, lle nega calquera información á oposición, impedindo de forma efectiva que poida exercer o seu papel de fiscalización.
Segundo a web do Ministerio de Política Territorial, os proxectos presentados polo Concello de Portas a cargo do Fondo Estatal destinan o 87% dos fondos a “Acondicionamento interior da Azucareira” e a “Mirador da antiga Azucareira de Portas”, evidenciando unha vez máis a megalomanía do Alcalde e o seu grupo de goberno. Fronte á crise económica que está a acontecer, e mesmo as elevadísimas débedas do Concello de Portas, o PP resposta cun novo despropósito, insistindo en dilapidar os escasos recursos en obras inútiles que xa levan consumidos centos de miles de euros, en lugar de inversións produtivas tales como un punto limpo, obras de saneamento e abastecemento de auga, rehabilitación de centros culturais, construción e reparación de pistas, convenios de colaboración para a limpeza dos montes,...
Os delirios de grandeza cegan ao Alcalde e o seu grupo de goberno, que antepoñen as súas obsesións e miserias ás necesidades dos veciños e veciñas. A pesares de poder investir ata 66.923,00€ en gasto social, non destinaron a este fin nin un só céntimo.
O Bloque Nacionalista Galego denuncia a conduta antidemocrática do PP de Portas e a dilapidación de fondos públicos para materializar os delirios de grandeza do Alcalde.

1 de mar. de 2010

O BNG presenta unha moción en apoio do Manifesto "Galiza ten dereito"

Estamos asistindo a un proceso de reordenación bancaria, impulsado polo Banco de España e o goberno central, que conleva o risco de que Galiza perda as súas caixas de aforro pola deslocalización dos seus centros de decisión, e que estas entidades de carácter social se transformen en entidades financeiras privadas.
Frente a este risco, as institucións galegas de autogoberno reaxiron. O Parlamento galego adoptou por unanimidade o acordo de establecer como prioridade o mantemento da galeguidade das caixas, a súa solvencia, e a necesidade de tramitar por urxencia a reforma da Lei galega de Caixas. O Parlamento de Galiza aprobou por ampla maioría unha reforma da Lei de Caixas que democratiza estas institucións, fai a súa xestión máis transparente, reforza as faculdades do autogoberno para defender o sistema financeiro propio e supervisar a actuación das caixas, e que garante que estas entidades sexan efectivamente alavancas de desenvolvimento da economía produtiva do País.
A resposta do Goberno central a este acto de afirmación do autogoberno galego non pode ser máis desalentadora: presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas de Galiza que conleva a paralización da súa aplicación nun momento decisivo, o que pode colocalas na situación idonea para que sexan absorbidas por entidades foráneas. Sen a fusión das dúas caixas galegas, Galiza ficaría sen sistema financeiro propio, perdendo un dos principais instrumentos para o seu desenvolvemento económico.
Conscientes da gravedade da situación, manifestamos:
1. Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo do País, regulado polo seu Parlamento, como expresión do autogoberno. É vital, por tanto, preservar a Lei de Caixas de Galiza.
2. Galiza ten dereito a que o Estado respecte o autogoberno galego. Que non nos dean tratamento de autonomía de segunda, cuestionando a constitucionalidade da lei galega, si non se fixo coaa basca, a catalá ou a andaluza. Por que se recurre a nosa e non a deses outros territorios? O Goberno central debe reconsiderar o asunto e aceptar que as institucións galegas de autogoberno, dentro do marco competencial vixente, teñen capacidade para dotarnos do marco xurídico que se considere máis acaido para defender os intereses de todas as galegas e galegos,
como ordena o Estatuto de Autonomía de Galiza.
3. Galiza ten dereito a propiciar a fusión das súas caixas. O goberno central tamén debe aceptar que as institucións galegas teñen tanto dereito como as de calquera outra Comunidade Autónoma para impulsar unha fusión dentro do país, cando se cumpren as mesmas condicións. Galiza ten dereito a preservar e garantir a galeguidade das caixas galegas coa súa fusión. Unha fusión paritaria, da que xurda unha Caixa solvente como mellor garantia para os seus traballadores, os impositores e todas e todos os galegos.
Está en xogo boa parte do noso futuro, a dignidade do noso autogoberno e perto de 80.000 millóns de euros en activos, isto é, a maior parte do aforro das galegas e dos galegos. Está en xogo que ese aforro se invista aquí ou se desvíe cara a financiar o desenvolvimento doutros territorios.
Galiza debe defender o seu. Ten dereito.

18 de feb. de 2010

O BNG insta ao Alcalde de Portas a cumprir a lei e crear un rexistro de animais potencialmente perigosos

Portas, 18 de febreiro de 2010. O grupo municipal do BNG de Portas ven de presentar unha moción para que o Concello de Portas cumpra coa lexislación vixente e proceda á creación dun rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.
O BNG lembra no texto da moción que o Concello ten desde hai máis de 10 anos a obriga legal de manter activo un rexistro de animais potencialmente perigosos, e só por deixadez ou neglixencia do alcalde e o seu goberno se pode entender que a día de hoxe Portas careza dun rexistro onde figuren aqueles animais de compañía susceptibles de ocasionar morte ou lesións a persoas ou animais.

17 de feb. de 2010

O BNG presenta unha moción para elaborar unha ordeanza de regulación de tenza de animais potencialmente perigosos

Considéranse animais potencialmente perigosos aqueles que son susceptíbeis de ocasionar morte ou lesións a persoas ou outros animais. O control destes animais compete aos concellos, que teñen a obriga de manter activo un rexistro de animais potencialmente perigosos dende decembro do ano 1999.
A pesar desta obriga legal, o Concello de Portas carece a día de hoxe dun rexistro de animais destas características, a pesares de que pasaron máis de dez anos dende a aprobación do corpo lexislativo que obriga aos concellos a crear un rexistro e conceder as licencias administrativas que habiliten a tenza de animais potencialmente perigosos.
O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego considera que é necesario dar cumprimento á lei, exercer axeitadamente as competencias atribuídas ao concello, e polo tanto, regular a concesión das licenzas administrativas para a tenza de animais potencialmente perigosos e o rexistro municipal asociado.

Por todo isto, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego presentou unha Moción no Concello propoñendo ao Pleno da Corporación Municipal de Portas a adopción do seguinte

ACORDO

Elaborar unha “Ordenanza para a regulación da concesión e renovación das licenzas administrativas para a tenza de animais potencialmente perigosos”, e crear a sección local do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos, que conterá a información referente aos animais de compañía residentes no concello.

15 de feb. de 2010

Autorización de uso en precario das instalacións da Azucreira de Portas

Dende hai meses o Concello de Portas ten cedido, de xeito absolutamente arbitrario e irregular, o uso das instalacións da Azucreira de Portas a un particular, que as explota economicamente en exclusividade, sen mediar ningún tipo de concurso público.
O Alcalde é quen autoriza a cesión das instalacións da Azucreira, sen consideración da Xunta de Goberno e do Pleno Municipal, decisión da cal nin sequera informou.
Ante a insistencia do Grupo Municipal do BNG de Portas o Alcalde admitiu que lle cedeu o uso dunhas instalación municipais a un particular (que obtén un beneficio económico) sen un concurso público onde calquera veciña ou veciño poida competir en igualdade de condicións.
O BNG de Portas dispón dun documento que acredita o delito cometido polo Alcalde de Portas:
Aclaración: O nome do beneficiario e a súa sinatura mantéñense ocultos para que non se vexa perxudicado. Quen actúa irregularmente é o Alcalde, non o particular.

9 de feb. de 2010

Asemblea local de Portas

O venres 12 de febreiro ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Cámara Agraria en Portas.
Trataranse temas de política local.
Rógase asistencia e puntualidade.

21 de xan. de 2010

Paremos o Decretazo contra o Galego

21 de xaneiro: Folga Xeral no Ensino convocada pola plataforma Queremos Galego.

18 de xan. de 2010

O BNG de Portas presenta una moción para esixir a colocación de protección na pista de Lantaño xunto ao río Umia

Colocación de protección, tipo bionda dobre ou outra, na zona do río Umia, na estrada de Almirante (Lantaño) a Godos (Caldas de Reis)

Na parroquia de Lantaño, entre os lugares de Rial e Fontenla, pasa a estrada que une o lugar de Almirante coa parroquia de Godos do concello de Caldas de Reis, existindo un treito da mesma, dende o cruce coa pista que ven de Paraíso (Portas) até a seguinte curva á esquerda, no sentido de circulación cara a Godos, no que, de producirse un accidente con saída de vía, é moi probable que se caia no río Umia, constituíndo a situación actual un perigo inminente. Por razóns de seguridade cidadán e en especial de seguridade do tráfico rodado, deberíase instalar unha protección, tipo bionda dobre ou calquera outra, que impida de xeito efectivo, a precipitación á canle do río Umia no caso dunha saída de vía, que podería sobrevir con consecuencias fatais. Este perigo vese incrementado no inverno, coas baixas temperaturas, que fan que o viario estea máis esvaradío, incluso ás veces con xeada ou xeo dun día para outro, e as altas precipitacións, que ademais de provocar menor adherencia entre os pneumáticos e o pavimento, fan que o caudal do río sexa excepcionalmente alto, chegando ás veces preto do propio pavimento da nomeada estrada.

Asemade, deberíase ter garantida na medida do posible, a seguridade ante a posibilidade de xeada ou placas de xeo nesa mesma zona. Unha posible solución sería espallar sal nos días que se prevé que se vai dar este fenómeno.

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego considera que é necesario instalar de forma inmediata unha protección que evite as saídas de vía no entorno do río Umia na estrada de Almirante a Godos, ademais de tomar medidas activas para evitar a formación de xeo na calzada durante o inverno.

Por todo isto, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego presentou unha Moción no Concello propoñendo ao Pleno da Corporación Municipal de Portas adopción dos seguintes

ACORDOS

1. Instalar de xeito urxente unha protección, tipo bionda dobre ou outra, a carón do río Umia na estrada de Almirante (Lantaño) a Godos (Caldas de Reis) entre os lugares de Rial e Fontenla.

2. Garantir na medida do posible, a seguridade ante a posibilidade de xeada ou placas de xeo nesa mesma zona.

5 de xan. de 2010

Asemblea local de Portas

O venres 8 de xaneiro ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Cámara Agraria en Portas.
Trataranse temas de política local.
Rógase asistencia e puntualidade.