28/12/2008

O Alcalde incumpre os acordos plenarios e non convoca o Pleno Ordinario de decembro

O Alcalde non convoca pleno ordinario en decembro, incumprindo a lei de Bases de Réxime Local e os acordos plenarios que el mesmo impuxera coa súa maioría absoluta, negándose ademáis a dar algún tipo de explicación.
Na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Local do Concello de Portas de data 13 de xullo de 2007 estableceuse a periodicidade das sesións plenarias, cos únicos votos a favor do Partido Popular, textualmente: “unha cada dous meses, o último venres dos meses pares ás 14.50 h”. Coa excepción de: “se este día cadra en festivo, a sesión trasladarase á véspera ou ó seguinte día hábil”.
O acordo plenario incúmpreuse ao non celebrarse pleno o pasado venres 26 de decembro de 2008, que era último venres de mes par e non festivo.
O único obxectivo deste modo de proceder é imposibilitar que os concelleiros da oposición poidan programar as súas axendas cun mínimo de antelación, impedindo incluso a súa asistencia e evitando ter que responder ás súas preguntas.

Pleno Extraordinario

O martes 30 de decembro ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación actas anteriores.
2. Coñecemento resolucións Alcaldía.
3. Rogos e preguntas.

20/12/2008

O PP recorre á calumnia para ocultar a súa incapacidade política ante as iniciativas do BNG

Mentres o Concello navega sen rumbo e sen temón, algúns membros destacados do Partido Popular adícanse, para tapar os seus erros, a propagar mentiras e falsedades.
A estabilidade laboral dos traballadores do Concello é un dereito, non un favor do alcalde

O PP durante moitos anos negoulle os seus dereitos laborais a moitos empregados municipais, incumprindo o Estatuto dos Traballadores, xa que se lles facía un contrato temporal cando debería ser indefinido. Agora que conseguiron o que é deles por dereito, quere venderllo como un favor persoal, igual que o facía cando lles renovaban ano a ano.
Este persoal era e é necesario para o funcionamento do Concello polo que o Bloque sempre defendeu e pediu que os seus contratos fosen fixos. Agora o Partido Popular, que mantivo durante moito tempo nunha situación precaria e irregular a moitos dos traballadores do Concello, vai dicindo por aí que o BNG non quere que os empregados municipais que gañaron as prazas fixas as poidan acadar, o cal é unha desprezábel mentira. O PP debería explicar por qué durante 15 anos non se estabilizou laboralmente a este persoal e cales foron as formas empregadas nos concursos destas prazas, en lugar de difundir falsidades co único obxectivo de ocultar as súas propias miserias.

As irregularidades do alcalde na Xunta de Montes de Romai está a poñer en perigo importantes investimentos

A Xunta pretende construír unha depuradora de auga potábel para o abastecemento das parroquias de Lantaño, Portas e Romai, que se situará no monte veciñal de Romai, polo que necesita dunha cesión de terreos por parte da Comunidade de Montes, que foi aprobada en Asemblea Xeral. Non obstante, esta cesión pode traer problemas porque a xunta reitora da Comunidade de Montes de Romai tiña que ter convocado eleccións antes do 27 de xullo de 2007 cousa que non fixo, atopándose polo tanto en situación alegal así como todos os acordos que tomen.
Como o Partido Popular e máis o alcalde non son capaces de gobernar e resolver este problema, ocultan os seus fracasos e miserias, acusando ao BNG de opoñerse á construción da depuradora cando, evidentemente, o Bloque desexa a instalación da depuradora e canto antes. Debería ser o alcalde quen explique por qué a xunta reitora da Comunidade de Montes de Romai, da que el mesmo se autodefiniu como presidente en funcións, tardou máis de 16 meses en convocar eleccións, facendo que se poñan en risco importantes investimentos da Xunta de Galiza no noso concello e mantendo unha actitude bananeira e allea ao sentido común e o bo goberno que os veciños e veciñas de Portas queren.

12/12/2008

Portas perde as subvencións concedidas por Medio Rural por segundo ano consecutivo

Cos cartos perdidos poderíanse crear empregos e protexer ás vivendas contra o lume

Unha vez máis o Concello de Portas renunciou en 2008 a 36.000 euros procedentes da Consellaría do Medio Rural para a limpeza das zonas próximas aos núcleos. Debido á inoperancia do grupo de goberno do Partido Popular, en dous anos o Concello deixou de ingresar 12 millóns de pesetas que poderían crear varios postos de traballo durante todo o ano, e evitar os riscos de lumes preto das casas no verán.

09/12/2008

Asemblea Local de Portas

O venres 12 de decembro ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea local no Teleclube de Romai.
Trataranse sobre a Lotería de Nadal.
Rógase puntualidade.

02/12/2008

Asemblea Local de Portas

O venres 5 de decembro ás 20:30 h. celebrarase unha asemblea local no Teleclube de Romai.
Trataranse temas de política local.
Rógase asistencia e puntualidade.

28/11/2008

Escándalo na Azucreira

Por moito que o Sr. Alcalde teña a desvergoña de negalo, tal como fixo no seu discurso na Festa da 3ª Idade e como fai en todos os sitios onde ten a oportunidade, para a contrucción do edificio da Azucreira, a Consellaría de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar investiu 1.162.863,01€ e a Consellaría de Cultura e Deporte 365.000,00€ (ambas consellarías están gobernadas polo BNG), de modo que o Concello de Portas recibiu para estas obras máis de millón e medio de euros (260 millóns de pesetas), ao que hai que engadir achegas doutras consellarías da Xunta e da Deputación. A pesares de que o Concello recibiu puntualmente os cartos correspondentes a todas as anualidades dos convenios asinados, a empresa constructora tivo que demandar ao Concello por impago, pois este quedou a deberlle 507.465,47€ (máis de 84 millóns de pesetas), aínda que a empresa executara as obras conforme ao proxecto constructivo e seguindo as ordes do Sr. Alcalde. Finalmente, o Concello de Portas foi condenado este ano en sentenza xudicial a pagar a débeda contraída. Como o concello non ten os cartos porque os gastou noutras cousas, o goberno municipal do PP tivo que solicitar outro crédito, e xa é o cuarto.
Durante anos o concello estivo a xustificar gastos na Azucreira para cobrar as subvencións da Xunta e sen embargo os cartos recibidos non se destinaron a pagar as obras para as que foran concedidos. Onde se meteron eses cartos? Quen xustificou indebidamente gastos que non se produciron porque non foron pagados?

24/11/2008

O tren marcha e a merda queda

O día 19 de xullo de 2008 pasou o último tren pola estación de Portas. Mentres, o goberno municipal do PP converte a finca da Azucreira nun vertedoiro ilegal con obras inacabadas, sen previsión para o seu remate e sen balados.
Os tres colectores de vidro que hai para todo o concello son insuficientes e sempre están desbordados. Pero o concello négase reiteradamente a buscarlle unha solución.
Os colectores de papel non están nunha mellor situación.

17/11/2008

Despilfarro e anti-cultura

Mentres o goberno municipal do PP despilfarra máis de 44.000 € (7 millóns de pesetas) nun concerto de Tamara na Festa da Emigración, o auditorio da Azucreira permanece inactivo case todo o ano.
O despropósito deste goberno municipal é tal que gasta máis nunha hora escasa de actuación de Tamara que en 15 anos na banda de música de Lantaño. Como é posible que o Concello se gaste máis en charangas para a Festa da Praia Fluvial que en todo o ano no Coro Domingo Fontán?
Peor tratados están os centros culturais de Romai e Lantaño e os equipos deportivos de Portas e Romai que non reciben nin un céntimo do Concello de Portas.
Esta non é a política cultural e deportiva que queremos para o noso Concello.

12/11/2008

Asemblea Local de Portas

O venres 14 de novembro ás 22:00 h. celebrarase unha asemblea local no Teleclube de Romai.
Trataranse temas de política local.
Rógase asistencia e puntualidade.

28/10/2008

Pleno Ordinario

O venres 31 de outubro ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
1. Aprobación actas sesións anteriores.
2. Obra proxecto de saneamento en Costa e Mourigán (Romai - Portas).
3. Solicitude anticipo Caixa Cooperación.
4. Informes da Presidencia.
5. Moción sobre realización de actuacións nos montes do Concello (proposta polo BNG).
6. Moción sobre adopción de medidas para reducir a perigosidade do tráfico no Concello (proposta polo BNG).
7. Coñecemento resolucións da Alcaldía.
8. Rogos e preguntas.

O BNG propón a adopción de medidas para reducir a perigosidade do tráfico no Concello de Portas

Dende hai tempo no Concello de Portas non se está a afrontar con seriedade o problema da perigosidade do tráfico rodado. Son numerosos os accidentes con fatais consecuencias e numerosos os incidentes nos que se realizan derrapes, carreiras a altas velocidades, trompos e todo tipo de manobras de extrema perigosidade no entorno de zonas moi habitadas. Esta situación xa se está a voltar inaguantable por parte dos veciños e veciñas do noso Concello.

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego reclama do Concello de Portas a adopción de medidas encamiñadas a reducir a perigosidade do tráfico e un axeitado sinalamento nas estradas.

Por todo isto, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego presentou unha Moción no Concello propoñendo ao Pleno da Corporación Municipal de Portas a adopción dos seguintes

ACORDOS
1. Instar á Deputación de Pontevedra á colocación da sinalización necesaria nas estradas da súa competencia que se atopan dende hai anos en obras, a correción das deficiencias e os puntos negros nas estradas da súa titulariedade, así como á súa finalización inmediata.
2. Construcción e sinalización de pasos de peóns con elevación da calzada nas proximidades dos seguintes lugares: centro médico, casa da cultura, Azucreira, escola de nenas de San Juan, recta de Currás (Portas), Outeiro (frente á saída da Igrexa), capela de San Bieito, Casal (no cruce hacia a Igrexa parroquial), Chandouteiro, Outeiriño, estrada N-550 (Briallos), ademáis de onde se considere necesario. Instarase ao Ministerio de Fomento e á Deputación de Pontevedra a que executen estas actuacións nas estradas da súa competencia que pasen polo Concello.
3. Adopción de medidas complementarias para a seguridade nos pasos de peóns como son: elevación da calzada nos pasos, pintado con cores chamativas, instalación de reflectantes, colocación de badéns ou bandas rugosas que limiten a velocidade e sinalización vertical.
4. Colocación de badéns, bandas rugosas ou pasos de peóns elevados nos seguintes lugares: oficina bancaria, escola infantil e centro cultural de Romai, Xagobe, Casal (no cruce hacia Fontenla), albergue de peregrinos e capela de San Roque (Briallos).
5. Instar ás autoridades competentes en materia de tráfico a unha maior e máis eficaz vixiancia do cumprimento das normas de circulación no Concello de Portas.
6. Realización dun estudo por un organismo independente das limitacións de velocidade nas estradas do noso Concello e adopción das medidas necesarias para adaptar a sinalización existente á legalidade e a unha mellor protección dos usuarios das mesmas.

27/10/2008

O BNG propón a realización de actuacións nos montes do Concello de Portas

A valorización do noso monte como fonte de riqueza económica e natural ten que ser unha prioridade do Concello de Portas, sen embargo, non se están a tomar as medidas necesarias, sabendo que a mellor actuación contra os lumes do verán é a prevención e os traballos no inverno.
O grupo de goberno do Concello de Portas incomprensiblemente renunciou e segue a rexeitar as axudas que a Consellaría de Medio Rural ofrece a todos os concellos para actuacións que conleven melloras dos montes, o desenrrolo da actividade agroforestal e a prevención dos lumes.

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego reclama do Concello de Portas que como primeiras medidas, acepte a axuda ofrecida por outros organismos e proceda á realización de actuacións básicas e primordiais nos montes do Concello.

Por todo isto, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego presentou unha Moción no Concello propoñendo ao Pleno da Corporación Municipal de Portas a adopción dos seguintes
ACORDOS

1. Asfaltado da pista que vai do Mondoiro á Graña.
2. Asfaltado da pista que vai do Liñar á estrada de Briallos.
3. Arranxo da pista forestal que percorre a parte alta de Romai que limita cos concellos de Meis e Vilanova de Arousa, consistente na limpeza e realización de cunetas, construcción de taxeas para conducir ás augas de choiva por baixo da pista, e preparación da pista cun todo un.
4. Limpeza de todas as pistas forestais.

13/10/2008

Outro incumprimento nos prazos para a recuperación da fonte pública e lavadoiro da Regueira en Fontenla-Cachadas

O pasado 5 de setembro o BNG solicitou un Pleno Extraordinario para esixir a reposición da Fonte Pública e Lavadoiro da Regueira en Fontenla-Cachadas (Lantaño), que foi destruida por un particular hai 8 meses. Con posterioridade, o 11 de setembro, o Concello de Portas publicou un Decreto da Alcaldía na que se lle concedía ao infractor un segundo prazo de 1 mes para reconstruir o lavadoiro. En marzo xa se aprobara unha moción do BNG na que se lle impoñía un prazo máximo de 3 meses, que evidentemente non se cumpriu.

O novo prazo rematou o sábado pasado 11 de outubro, sen que comezasen as obras de recuperación da Fonte Pública, amosando unha vez máis a incapacidade do Goberno Municipal do Partido Popular en defender os intereses veciñais. O Alcalde nin foi quen de impoñer a súa autoridade, nin ordeou repoñer subsidiariamente a Fonte-Lavadoiro como se aprobara por unanimide en Pleno de 25 de abril, e nin tan sequera se impuxeron sancións ao infractor. Tampouco se levaron a cabo outras actuacións aprobadas en pleno como a delimitación dos terreos e unha medición completa das parcelas.

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego denuncia a falla de vontade política e a incapacidade por parte do Partido Popular en repoñer a Fonte-Lavadoiro e o seu entorno, beneficiando a un particular e impedindo que os veciños e veciñas do lugar poidan disfrutar dos seus bens públicos. O BNG esixe a reconstrucción inmediata da Fonte-Lavadoiro de Fontenla e a imposición de sancións ao infractor.

08/10/2008

Asemblea Local de Portas

O venres 10 de outubro ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea local no Teleclube de Romai.
Trataranse temas de política local.
Rógase asistencia e puntualidade.

30/09/2008

O BNG esixe en Madrid un servizo ferroviario de cercanías en Galiza

Os deputados do Bloque Nacionalista Galego presentan unha moción no Congreso dos Deputados de Madrid sobre a disposición do Ministerio de Administracións Públicas a negociar coa Xunta de Galicia a transferencia de infraestruturas ferroviarias para a creación de servizos ferroviarios de cercanías xestionado pola Comunidade Autónoma. A moción foi aprobada e di así:

O Congreso dos Deputados insta ao Goberno a iniciar antes de fin de ano un proceso de diálogo bilateral coa Xunta de Galicia, para abordar:

1º. O traspaso das infraestruturas que, por quedar fora de servizo pola apertura de novos trazados, deixen de estar afectadas pola rede estatal de interese xeral, para que poidan ser destinadas pola comunidada autónoma á implantación dos servizos ferroviarios de cercanías. Asimesmo, estudiarase coa Xunta de Galicia a posibilidade de interconexión de ambas redes nos casos que sexa necesario.

2º. A participación da Xunta de Galicia na planificación e programación das infraestruturas e servizos da rede do Estado que discurran por territorio galego e na autorización de operadores ferroviarios no territorio de Galiza.

3º. A competencia exclusiva da Xunta de Galicia na implantación de novas vías, non declaradas de interese xeral, que discurran integramente polo territorio da comunidade autónoma de Galicia.

Asimesmo, o Congreso dos Deputados insta ao Goberno a:

1º. Mantener os tramos que queden fora de servizo pola apertura de novos trazados de alta velocidade, de cara á súa inclusión como tramos da nova rede de cercanías galegas a implantar.

Pasamento do compañeiro Manuel Casal Solla - Padín

O luns 29 de setembro ás 20:45 h. o noso compañeiro Padín foi vítima dun accidente de tráfico en Romai por causa dun conductor bébedo.

A pesares dos esforzos dos servizos médicos non o puderon recuperar.

O seu corpo será velado no tanatorio de Barro.

O enterro celebrarase o mércores 1 de outubro ás 18:00 h. na igrexa de Valiñas (Barro).

Descanse en paz.

18/09/2008

Pleno Extraordinario solicitado polo grupo municipal do BNG

O luns 22 de setembro ás 14:50 h. celebrarase unha sesión extraordinaria do Pleno do Concello de Portas solicitado polo grupo municipal do BNG coa seguinte orde do día:

1. Recuperación da Fonte Pública e Lavadoiro da Regueira en Fontenla-Cachadas e do seu entorno (Lantaño).
2. Cumprimento da entrega das copias das actas das sesións das Xuntas de Goberno Local no prazo de 10 días dende a súa celebración.

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego lamenta a antidemocrática actitude do grupo de goberno do Partido Popular ao negar as solicitudes do BNG para que o pleno se celebre a unha hora máis axeitada para facilitar a asistencia dos veciños e veciñas, e de que a convocatoria do pleno se faga pública por medio de bandos.

05/09/2008

Pleno Extraordinario solicitado polo grupo municipal do BNG

O BNG DE PORTAS DENUNCIA A PASIVIDADE DO GOBERNO MUNICIPAL DO PP DIANTE DA DESTRUCCIÓN DE PATRIMONIO PÚBLICO
O VENRES 5 DE SETEMBRO O BLOQUE PRESENTOU UNHA SOLICITUDE DE PLENO EXTRAORDINARIO NO CONCELLO PARA A RECUPERACIÓN DA FONTE PÚBLICA E LAVADOIRO DA REGUEIRA EN FONTENLA (LANTAÑO)

O luns 18 de febreiro de 2008, un particular destruíu a Fonte Pública e Lavadoiro da Regueira no lugar de Fontenla-Cachadas, parroquia de Lantaño.

A pesares das protestas dos veciños e veciñas do lugar e de que a desaparición da Fonte-Lavadoiro sucedeu hai máis de 6 meses, o Goberno Municipal do Partido Popular, incumprindo acordos plenarios, non tomou medidas para o seu restablecemento, negándose incluso a responder ás preguntas do Bloque realizadas nos plenos ordinarios.

No pleno ordinario de 25 de abril, no que se incluíu unha moción do BNG de Portas para tratar da recuperación da Fonte-Lavadoiro, tomouse o acordo unánime de fixar un prazo de 3 meses para que o infractor procedese a restablecer a legalidade urbanística e á reconstrución do Lavadoiro.

Pasado o prazo establecido en acordo plenario sen que se repuxese a Fonte-Lavadoiro nin a legalidade urbanística e ante a pasividade do Goberno do Partido Popular, o BNG toma a iniciativa de convocar un pleno extraordinario e forzar a toma de decisións.

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego considera que o Concello de Portas debe informar das xestións levadas a cabo para a reposición da Fonte-Lavadoiro e o seu entorno, proceder subsidiariamente á reconstrución de forma urxente da Fonte-Lavadoiro, sancionar ao infractor e delimitar a propiedade municipal para garantir o acceso público e libre.

01/09/2008

Fuxida do Alcalde

O pasado venres 29 de agosto o Sr. Alcalde suspendeu a sesión do Pleno Ordinario que se estaba a celebrar na Casa do Concello cando o voceiro do BNG estaba no seu turno de Rogos e Preguntas.
A suspensión do Pleno chegou cando o voceiro do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego estaba a preguntar sobre a destrucción da Fonte-Lavadoiro de Fontenla-Cachadas o pasado 18 de febreiro. O Alcalde incómodo pola presenza de veciños e veciñas que lle reclamaban a súa actuación en contra do destructor da Fonte, decidiu suspender o Pleno e fuxir apresuradamente deixando plantados a todo o resto da Corporación Local e aos veciños alí presentes, incluídos os seus compañeiros do Grupo de Goberno. Sen motivo e sen dar explicacións.
Unha vez máis o Alcalde se nega a responder ás preguntas da oposición. Nunhas ocasións retírasenos a palabra por dicir verdades que lle incomodan, noutras ocasións simplemente non se nos responden as preguntas alegando que se nos responderán por escrito, cousa que logo non sucede, e noutras ocasións directamente suspéndese a sesión prematuramente co único obxectivo de silenciar a nosa voz.

26/08/2008

Pleno Ordinario

O venres 29 de agosto ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Moción presentada polo concelleiro D. Santiago Carballo Mourón sobre actuación en materia de tratamento de augas residuais.
3. Proxecto saneamento en Costa e Mourigán - Romai - Portas.
4. Coñecemento resolucións da Alcaldía.
5. Rogos e preguntas.

Actuación da artista "Tamara"

O pasado sábado 8 de agosto con motivo da Festa do Galo de Curral actuou no recinto da Azucreira de Portas a artista "Tamara".
A actuación, que durou escasamente unha hora, custoulle ás arcas do Concello de Portas a friolera de 34.800 euros (6 millóns de pesetas). A esta cantiade, que tan só cubre o salario da artista, hai que engadir outros gastos asociados como seguros, iluminación, palcos, publicidade en radio e prensa, etc.
O Bloque Nacionalista Galego considera que esta forma de proceder do grupo de goberno do Partido Popular constitúe un auténtico despilfarro.
O Concello de Portas carece de política cultural. Lexos de manter os grupos locais de folclore galego, de investir en teatro, danza, música, arte ou deporte, malgasta os cartos en actuacións que non se poden permitir concellos moito maiores que o noso, por non mencionar as habituais comedelas-inauguracións con charangas varias.

15/07/2008

Asemblea Local de Portas

O venres 18 de xullo ás 22:00 h. celebrarase unha asemblea local na Escola de Nenas San Xoan en Portas.
Trataranse temas de política local.
Rógase asistencia e puntualidade.

25/06/2008

Pleno Ordinario

O venres 27 de xuño ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
1. Aprobación actas sesións anteriores.
2. Ratificación acordo Xunta de Goberno Local sobre Axudas Plan Concertado.
3. Estudo da Alternativa 7 da Variante Oeste de Caldas de Reis.
4. Coñecemento resolucións da Alcaldía.
5. Rogos e preguntas.

23/06/2008

Asemblea Local de Portas

O venres 27 de xuño ás 22:00 h. celebrarase unha asemblea local no Centro Cultural de Romai.
Trataranse temas de política local.
Rógase asistencia e puntualidade.

28/05/2008

Asemblea Local de Portas

O venres 31 de maio ás 20:30 h. celebrarase unha asemblea local no Centro Cultural de Romai.
Trataranse temas de política local.
Rógase asistencia e puntualidade.

12/05/2008

Asemblea Local de Portas

O venres 16 de maio ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea local no Centro Cultural de Romai.
Trataranse temas de política local.
Rógase asistencia e puntualidade.

25/04/2008

Pleno Extraordinario

O luns 28 de abril ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
1. Aprobación orzamento municipal 2008.

23/04/2008

Pregunta Parlamentaria sobre o Futuro da Estación Ferroviaria de Portas

O 17 de abril a nosa deputada Olaia Fernández presentou no Congreso dos Deputados en Madrid unha pregunta parlamentaria, solicitando resposta por escrito, a cerca do Futuro da Estación de Ferrocarril de Portas e o mantemento dos servizos ferroviarios ao seu paso por esta Estación.

Con feitos, volve a manifestarse o firme compromiso do BNG co ferrocarril en Portas.

22/04/2008

Pleno Ordinario

O venres 25 de abril ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Moción do Grupo BNG sobre "Programa de Dixitalización do Concello".
3. Moción do Grupo BNG sobre "Recuperación da Fonte Pública e Lavadoiro da Regueira en Fontenla".
4. Moción do Grupo BNG sobre "Estado de Conservación do Colexio Público Domingo Fontán".
5. Moción do Grupo BNG sobre "Estado de Abandono da Finca da Azucreira".
6. Coñecemento das resolucións da Alcaldía.
7. Rogos e preguntas.

16/04/2008

O servizo municipal de recollida de lixo está a usar a finca da Azucreira como vertedoiro ilegal

A finca da Azucreira atópase nun abandono absoluto ante a indolencia do goberno municipal do Partido Popular.

Dende hai semanas o servizo municipal de recollida de lixo está a depositar todo tipo de escombro e voluminosos na finca da Azucreira. Mobles vellos, ferros oxidados, colchóns, cristais, colectores rotos e todo tipo de lixo acumúlase a escasos metros da Galescola, o Centro de Día e o auditorio municipal, co perigo que esto supón.

O abandono da finca é practicamente absoluto. Se ata agora as obras incompletas, o escombro e a maleza se extendían incontroladamente por todas as partes, dende hai unhas semanas hai que engadir un vertedoiro ilegal creado polos propios servizos municipais, sen que o goberno municipal do Partido Popular lle poña freo e tome medidas.

Son varias as obras en execución na finca, comezadas hai anos e sen horizonte de finalización, que carecen de balizamento e sinalización, supoñendo un risco para os cativos que xogan nas instalacións próximas.

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego reclama ao Goberno Municipal de Portas que poña fin ao deterioro da finca da Azucreira. O BNG esixe a retirada inmediata dos verquidos de lixo, o valado e sinalización das zonas en obras e o mantemento axeitado das zonas axardinadas.

13/04/2008

Cea-Xuntanza de homenaxe a Pepe Abalo

O venres 11 de abril de 2008 celebrouse no Restaurante Sete Arcos de Godos una cea-xuntanza coa presenza de máis de 80 amigos e simpatizantes do Bloque de Portas para homenaxear a Pepe Abalo polo seu compromiso co Concello de Portas e os seus veciños e veciñas.


Susana Antón deleitounos cunhas palabras hacia Pepe:

"Boas noites. Acabamos de desfrutar dunha cea moi animada, con boa comida, con bo ambiente... Unha noite de primavera nun mes emblemático e cheo de evocacións... Confeso que me gusta o mes de abril: de xeito especial.
Abril é o mes da revolución máis fermosa de tódolos tempos, aquela que tivo lugar no país no que seguramente noutras circunstancias non me importaría vivir, o cercano Portugal. Falo, por suposto, da inesquencible revolución dos caraveis...
Se nos remontamos bastantes anos atrás, outro día de abril abriuse unha gran esperanza de liberdade que aínda hoxe conmove a nosa memoria e que parecía albiscar unha nova realidade para esta nación de nacións.
Revolución, república... Fermosas palabras, como fermoso é o motivo que nos trouxo esta noite ata aquí. Existe unha Gran Historia, con maiúsculas e existe tamén a cotiá, a que se nutre dos nosos fitos persoais. Penso que para nós, este 11 de abril ficará no nosa historia particular como unha data especial.
E seguindo coas palabras, hai algunhas que me gustan especialmente: amizade, bondade, xustiza, ilusión, liberdade... igual que hai actitudes que prefiro por enriquecedoras, sorprendentes ou distintas. Gústame atopar xente da que aprender, xente a quen poida admirar, xente que sexa pura e inequívoca de conviccións, coherente e consecuente na súa actuación, constante e lúcida na loita polos seus ideais...
Creo que a vida é unha aprendizaxe. Aprendemos de moitos xeitos e cada un escolle o que lle vale , o que lle chama a atención ou aquel que simplemente lle interesa mais, sen dúbida, a maneira máis gratificante de facelo é a través dos feitos dos demais, da observación destes comportamentos e da reflexión que eles nos provocan.
Ás veces, isto conleva unha revolución dentro de nós e, de súpeto, descobres cáseque unha realidade paralela e es consciente de que hai formas de estar na vida que son as realmente valiosas, as que deixan pegada e que son xerme de transformación.
E transformar para mellorar o que nos rodea é un obxectivo bo , que engrandece a quen o intenta.
Transformar a nosa realidade máis próxima é, por outra banda, a única maneira posible de cambiar o mundo.
Xa falei de aprendizaxe anteriormente, mais creo que é un concepto moi axeitado ao motivo que fai que hoxe esteamos aquí todos nós. Esta é unha reunión de amigos para homenaxear e mostrar o noso afecto e admiración a unha persoa extraordinaria. Esta é unha homenaxe a Pepe Abalo de quen eu, e todos e todas as que estivemos preto del ao longo destes anos dentro e fóra do concello, aprendemos:
Honestidade, entrega, valor, esforzo, dignidade.
E trinta anos son exemplo máis que suficiente e contundente de constancia, de loita para intentar mudar e mellorar as cousas.
Verdadeiramente é un privilexio o coñecer a unha persoa cunha calidade e calidez humana tan intensa como Pepe.
Por iso, Pepe, sentimos o orgullo e a alegría de poder estar hoxe tantos amigos preto de ti para agradecerche todo o traballo que desenvolveches ao longo deste tempo e para lembrarche que non estamos dispostos a prescindir dunha persoa da túa valía.
E, para rematar, como esta é unha noite máxica, gostaría de ler unha pequena historia do escritor urugaio Eduardo Galeano. A historia di así...
Un home do pobo de Neguá, na costa de Colombia, pudo subir ó alto ceo. Á volta, contou. Dixo que contemplara, dende arriba, a vida humana. E dixo que somos un mar de pequenos lumes:
O mundo é iso, revelou. Un montón de xente, un mar de pequenos lumes.
Cada persoa brilla con luz propia entre todas as demais. Non hai dous lumes iguais.
Hai lumes grandes e lumes pequenos e lumes de tódalas cores.
Hai xente de lume sereno , que nin se entera do vento e xente de lume tolo que enche o aire de muxicas.
Algúns lumes, lumes bobos, non alumean nin queiman, pero outros arden a vida con tantas ganas que non se pode miralos sen deslumbrarse e quen se achega e eles, ilumínase.
Que saibas, Pepe , que ti es un deses grandes lumes que iluminan sempre."
Posteriormente, fíxoselle entrega duns agasallos de recordo: un retrato en carboncillo, unha figura de cerámica e un ramo de flores.
Por último, Pepe Serantes adicoulle un poema de Bertolt Brecht:
Á boa xente coñéceselle
en que resulta mellor
cando se coñece. A boa xente
invita a mellorala, porque
que é o que a un o fai sensato? Escoitar
e que lle digan algo.

Pero, ao mesmo tempo,
melloran ao que os mira e a quen
mira. Non só porque nos axudan
a buscar comida e claridade, senón, ainda máis,
sonnos útiles porque sabemos
que viven e transforman o mundo.

Cando se acude a eles, sempre se lles encontra.
Acórdanse da cara que tiñamos
cando os vimos por última vez.
Por moito que cambiaran
-pois eles son os que máis cambian-
resultan ainda máis recoñecibles.

Son coma unha casa que axudamos a construír.
Non nos obrigan a vivir nela,
e en ocasións non nolo permiten.
Por pouco que sexamos, sempre podemos ir a eles, pero
temos que escoller o que levemos.

Saben explicar o porqué dos seus agasallos,
e se despois os ven arrinconados, rinse.
E responden ata nesto: en que,
se nos abandonamos,
abandonámolos a eles.

Cometen erros e rimos,
pois se poñen unha pedra no lugar equivocado,
vemos, ao mirala,
o lugar verdadeiro.
O noso interese gañan cada día, o mesmo
que gañan o seu pan de cada día.
Interésanse por algo
que está fóra deles.

A boa xente preocúpanos.
Parece que non poden realizar nada sos,
propoñen solucións que esixen ainda tarefas.
En momentos difíciles de barcos naufragando
de pronto descubrimos fixa en nós a súa mirada intensa.
Ainda que tal como somos non lles gustamos,
están de acordo, sen embargo, con nós.

12/04/2008

Estado de Conservación do Colexio Público "Domingo Fontán" de Portas

O colexio público “Domingo Fontán” está nun estado moi deficiente, motivado pola falla de mantemento, que provoca que se produzan situacións de perigo para a seguridade dos nenos e nenas nalgúns lugares do patio, como:
  • no patio cuberto de primaria, onde os ferros están oxidados e picados, e a cubricción de uralita traslúcida está a desfacerse,
  • os campos asfaltados teñen o piso levantado polas raíces das árbores, con pedras visibles á vista e incluso hai buratos debaixo da canastra,
  • o valado de peche do recinto escolar está nun estado ruinoso nalgunhas partes,
    a entrada do colexio está nun estado lamentabel con pedras, socabóns e fochancas,
  • a instalación eléctrica na parte máis antiga do colexio está a dar problemas.

Ademáis, tamén hai que ter en conta que:

  • non se rematou de pintar a parte máis antiga do colexio,
  • non se sustituiron as portas das aulas do edificio antigo,
  • os patios cubertos aláganse cando chove,
  • nos campos de xogo non asfaltados as tapas non teñen unha protección axeitada.

Por outra banda, os horarios actualmente establecidos de entrada no centro escolar e das comidas son totalmente inadecuados. Os cativos comezan as clases ás 9:45 h imposibilitando a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e provocando situacións de perigo cando menores de idade quedan desatendidos na casa ou ao coidado dos irmáns maiores. Ademáis, o segundo turno de comida comeza ás 15:05 h, polo que os alumnos de Secundaria só teñen 25 minutos para xantar antes de coller o autobús de volta para as súas casas.

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego considera que o colexio público é unha das institucións máis importantes do Concello de Portas. A educación pública de calidade é un dereito dos nosos nenos e nenas, sen ter que renunciar á conciliación da vida familiar e laboral dos pais. O BNG esixe que se cumpra o acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fregamp para o desenvolvemento do pacto local asinado en maio de 2007.

Por todo isto, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego presentou unha Moción no Concello propoñendo ao Pleno da Corporación Municipal de Portas a adopción dos seguintes
ACORDOS
  1. Apoiar a petición dos pais de alumnos e do Consello Escolar para adiantar o horario de entrada dos alumnos no centro escolar para unha mellor conciliación da vida familiar e laboral.
  2. Instar á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a realización urxente das obras necesarias no colexio público “Domingo Fontán” para garantir a seguridade dos usuarios e unha adecuada conservación das instalacións.
  3. Asumir as obrigas que o Concello de Portas ten co colexio “Domingo Fontán”, en base ao acordo asinado entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a FREGAMP.

15/03/2008

Cea-Xuntanza do BNG de Portas

O venres 11 de abril ás 21:30 h. celebrarase unha Cea-Xuntanza do BNG de Portas, no restaurante Sete Arcos de Godos (aproximadamente 80 asistentes).

Están convidados todos os amigos e simpatizantes.

O prezo por comensal será duns 20-25 euros.

Para anotarse á cea, poñerse en contacto con Xavier, Keko, Arturo, Pili, Serantes, Susana, ...

14/03/2008

O BNG propón un Programa de Dixitalización no Concello de Portas

O Concello de Portas foi o último concello do noso entorno en acadar o acceso á banda ampla de internet.
As competencias en Telecomunicacións de Internet tenas o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio do Estado Español e non están transferidas na nosa Comunidade Autónoma, polo que non é responsabilidade da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio está a promover a nivel estatal un “Programa de extensión do acceso á banda ampla en zonas rurais e ailladas”. Como consecuencia deste programa o Concello de Portas dispón, segundo o núcleo de poboación considerado, de acceso á banda ampla mediante diversas tecnoloxías: ADSL Rural, WIMAX ou Satélite.
O desenvolvemento deste programa no Concello de Portas a 18 de febreiro de 2008 é:

En concreto a tecnoloxía sen fíos denominada Wimax está dispoñible en case todo o Concello dende a lo menos xaneiro de 2008, e permite dispor de acceso a internet sen ter conexión á rede telefónica convencional polo que pode dar servizo a toda a poboación aínda que esté aillada. Sen embargo, a empresa que instalou o sistema e que o explota está a pór moitos atrancos para a contratación do mesmo.
O servizo Wimax pódese contratar con Telefónica en catro modalidades diferentes segundo a velocidade de conexión:
1. Velocidade de 256 kb a 39 €/mes.
2. Velocidade de 512 kb a 75 €/mes.
3. Velocidade de 1 Mb a 120 €/mes.
4. Velocidade de 2 Mb a 150 €/mes.
Ademáis o custo de alta é de 39 € e a instalación da antena no exterior da vivenda e o cableado no interior da vivenda ata o ordenador é de 126 €. Prezos sen IVA.
A velocidade máxima do servizo ADSL Rural, en caso de estar dispoñible, é diferente segundo o núcleo de poboación (algúns exemplos: Casal, Bouza ou A Estación teñen ata 3 Mb, Cachal ou Paredes teñen ata 1 Mb, Vilavedra 512 kb, etcétera). Os prezos ofertados por Telefónica son (custo de alta 39 €):
1. Velocidade de 512 kb a 39 €/mes.
2. Velocidade de 1 Mb a 75 €/mes.
3. Velocidade de 2 Mb a 120 €/mes.
4. Velocidade de 4 Mb a 150 €/mes.
Por último a tecnoloxía Satélite está dispoñible en case todo o Concello, e permite cunha antena parabólica acceder a “descargar” (dirección rede-usuario) a velocidade de banda ampla pero para “subir” (dirección usuario-rede) a velocidade está limitada á liña de fíos convencional, polo que non resolve o problema de conexión nunha das dúas direccións. Os prezos mensuais e os gastos iniciais tamén son moi elevados.

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego considera que a banda ampla de internet é un servizo básico para a poboación e que polo tanto debe ser accesible en igualdade de condicións para todos os cidadáns independentemente de se viven no rural ou na cidade. O BNG considera que os prezos ofertados son desproporcionados e inxustos pois son moi superiores aos existentes en zona urbana para o mesmo nivel de servizo prestado.

Por todo isto, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego presentou unha Moción no Concello propoñendo ao Pleno da Corporación Municipal de Portas a adopción dos seguintes

ACORDOS

1. Instar ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a ampliar o acceso á banda ampla de internet en toda a extensión do Concello de Portas.
2. Instar á empresa Telefónica S.A. a que iguale os prezos de acceso á banda ampla no medio rural cos prezos do servizo equivalente en zona urbana.
3. Instar ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a que promova iniciativas conduxentes a reducir os prezos do servizo de banda ampla de internet nas zonas rurais e ailladas no Concello de Portas.
4. Acadar un convenio de colaboración coa Consellaría de Innovación e Industria para promover a creación dunha rede sen fíos para acceso a internet no Concello de Portas.

Desenrolar un programa de dixitalización do Concello de Portas incidindo en tres liñas estratéxicas:

5. Creación de puntos de acceso gratuitos a internet nos centros culturais e sociais das catro parroquias: Briallos, Lantaño, Portas e Romai.
6. Fomento da administración electrónica para axilizar os trámites co Concello.
7. Desenrrolo dun programa de alfabetización dixital para promover o uso das novas tecnoloxías dende os máis novos ata os máis maiores.

12/03/2008

Recuperación da Fonte Pública e Lavadoiro da Regueira en Fontenla-Cachadas e do seu entorno (Lantaño)

O luns, 18 de febreiro de 2008 destrueuse a Fonte Pública e Lavadoiro da Regueira no lugar de Fontenla-Cachadas, parroquia de Lantaño. O derribo foi realizado por un veciño do lugar que afirma ser o seu propietario lexítimo e contar con todos os permisos. Sen embargo, a Fonte-Lavadoiro referida é unha propiedade veciñal que se ven empregando de forma continuada dende tempo inmemorial, tanto para lavar roupa como para usar a súa auga.

O martes 19 de febreiro o concelleiro do Partido Popular D. José Esperón Maquieira, actuando como Alcalde en Funcións do Concello de Portas por ausencia de D. Roberto Vázquez Souto que se atopaba en viaxe privado, afirmou ante os veciños do lugar, e posteriormente ante a prensa, que a destrucción da construcción era totalmente legal pois, según el, o seu propietario, que o era por unha permuta co Concello, contaba con todos os permisos municipais.

Con anterioridade a estes feitos, en outubro de 1998, os veciños do lugar de Fontenla-Cachadas asinaron e presentaron unha petición ao Concello de Portas para que se respetase a Fonte-Lavadoiro e non fose trasladada de lugar. Escrito que nin foi atendido nin foi respostado.

Tamén é importante sinalar algúns antecedentes que demostran a titularidade veciñal desta construcción. No ano 1970 o Concello acometeu a obra de cubrición do lavadoiro a petición dos veciños a través do Alcalde de Barrio D. Ovidio Rodríguez Rodríguez. Dende entón, tanto os veciños como o Concello de Portas levaron a cabo de forma continuada obras de limpeza e acondicionamento da Fonte e do Lavadoiro, facendo uso do seu dereito a conservar e usar o único ben público deste tipo existente no lugar. De feito, no Lavadoiro as últimas obras de conservación e limpeza realizadas polo Concello son do pasado ano 2007.

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego considera que a Fonte-Lavadoiro da Regueira é unha propiedade patrimonial pública que debe ser respetada e que o Concello de Portas debe tomar todas as medidas necesarias para o restablecemento á situación previa, paralizando os recheos na zona, ordeando a reconstrucción de forma urxente da Fonte-Lavadoiro e tomando as medidas necesarias para protexer a construcción e o seu entorno.

Por todo isto, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego presentou unha Moción no Concello propoñendo ao Pleno da Corporación Municipal de Portas a adopción dos seguintes
ACORDOS
1. Realización dunha medición completa da parcela da Fonte-Lavadoiro da Regueira e as parcelas anexas, e comprobación da veracidade dos documentos de propiedade.
2. Delimitación dos terreos públicos da Fonte-Lavadoiro da Regueira e das parcelas municipais permutadas por acordo do Pleno da Corporación con data 5 de novembro de 1998 (parcela denominada “Monte Regueira”), para garantir a súa conservación e acceso libre e público.
3. Ordear a reposición ao seu estado orixinal da Fonte-Lavadoiro.
4. No caso de que nun prazo máximo de tres meses (3 meses) o destructor da Fonte-Lavadoiro non repoña a construcción ao seu estado orixinal, o Concello de Portas acometerá de forma subsidiaria a súa reposición e repercutirá os custes dos traballos no destructor D. Ovidio Rodríguez.
5. Solicitar informe ou denuncia a Augas de Galicia pola destrucción da Fonte-Lavadorio.
6. Reposición da taxea que cruza a pista en fronte do camiño de acceso á Fonte-Lavadoiro para que as augas de choiva teñan saída cara o regato da Regueira como hai anos e evitar que se produzan pozas de auga na pista.

Novas relacionadas en xornais:
http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2008/03/14/0003_6650365.htm
http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2008/03/14/0003_6650366.htm

Asemblea Local do BNG de Portas

O venres 14 de marzo ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea local no Centro Cultural de Romai.

Trataranse temas de política local e o análise dos resultados electorais do pasado 9 de marzo.

Rógase asistencia e puntualidade.

01/03/2008

O Bloque de Portas con Anxo Quintana, Olaia Fdez. e Iria Aboi

O pasado 1 de marzo celebrouse en Pontevedra unha Xuntanza da Mocidade do BNG, na que participou o grupo municipal do BNG de Portas, representados por dous concelleiros. Tuvemos ocasión de entrevistarnos co Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, coa Deputada no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández e a Secretaria Xeral de Galiza Nova, Iria Aboi.

27/02/2008

Pleno Ordinario

O venres 29 de febreiro ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación acta sesión anterior.
2. Cesión de terreo ao Concello para instalación de depuradora de auga.
3. E.T.A.P. de Lantaño - Portas.
4. Coñecemento resolución da alcaldía.
5. Rogos e preguntas.

22/02/2008

Anxo Quintana promete impulsar un servizo de cercanías en Galicia

Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta de Galicia aposta por crear unha rede de trens de cercanías á altura da que teñen vascos e cataláns e, adiantou que durante a próxima lexislatura o Bloque reclamará en Madrid a implantanción dun servizo de cercanías en todas as cidades galegas, e avogou por que sexa a Xunta a que asuma a responsabilidade de xestinoalo, a través dun ente público creado ex profeso con competencias transferidas á comunidade. Segundo Quintana, só con este servizo será posible o proxecto de "cidade-nación que o BNG sempre defendeu". "Galicia ten que ser en si mesma unha grande urbe interconectada", dixo o voceiro nacional logo de facer o traxecto Vigo-Redondela en tren xunto coa cabeza de lista por Pontevedra, Olaia Fernández Davila. Quintana sinalou que o uso do tren para os desprazamentos metropolitanos é "residual" en Galicia -só 0,1% dos galegos o empregan habitualmente- en comparación con Madrid (4,4%) ou Euscadi (2,9%). Ademais, destacou que o 58% dos desplazamentos en Galicia fanse en vehículo particular, polo que apostou polas cercanías como "unha alternativa á grave conxestión das estradas" e unha contribución á seguridade vial. Esa será, dixo, unha das prioridades dos deputados nacionalistas para os próximos catro anos, ademais de garantir a chegada do AVE "o antes posible". Con todo, asegurou que o Bloque "non vai permitir que o debate das infraestruturas ferroviarias circule só pola alta velocidade".

10/02/2008

Mitin do BNG no Concello de Portas

Máis forza en Madrid!

VENRES, 29 de febreiro ás 21:00 h.

intervirán:

XAVIER LOUREIRO
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Portas


CARME DASILVA

Deputada no Parlamento Galego
Portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo

IRIA ABOI
Candidata nº 1 ao Senado pola provincia de Pontevedra
Secretaria Xeral de Galiza Nova

Lugar: Escola de Nenas de San Xoan de Portas
Hora: 9 da noite

Contigo, Galiza decide!

08/02/2008

Pleno Extraordinario

O luns 11 de febreiro ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Aprobación actas sesións anteriores.
2. Elección membros de mesas Eleccións Xerais Marzo/2008.

22/01/2008

Vicepresidencia da Xunta inaugura o Centro de Día

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar presidida por Anxo Quintana inaugurou o pasado luns 21 de xaneiro o Centro de Día de Portas, pertencente ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
O novo Centro de Día conta cun total de 40 prazas para persoas maiores que recibirán, preto do seu fogar, unha atención terapéutica integral en horario diúrno. Neste Centro os nosos maiores poderán combinar o feito de estar na casa co de recibir atención para estar o mellor posible. Os usuarios estarán atendidos por un equipo de nove profesionais, que foron contratados mediante un proceso selectivo público e aberto, pertencentes ao ámbito social e sanitario, como son a psicoloxía, terapia ocupacional, fisioterapia, traballo social, educación social, enfermería, xerocultura ou servizos xerais.
Xunto coa Galescola, de novo o BNG demostra coa creación deste Centro de Día en Portas a súa aposta por facer políticas sociais que melloren a calidade de vida dos veciños e veciñas.
A Secretaria Xeral de Benestar, María Xesús Lago, participou na inauguración xunto ao director da área de benestar do Consorcio, Andrés Vázquez, o delegado provincial de Vicepresidencia, Francisco Verea e os concelleiros do BNG. O grande ausente foi o alcalde popular, Roberto Vázquez, que xa non asistira, dous días antes, na manifestación en defensa do tren en Portas por estar de vacacións en viaxe privado.
Fotos de Gonzalo García (Diario de Pontevedra).

21/01/2008

Asemblea Local do BNG de Portas

O venres 25 de xaneiro ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea local no Centro Cultural de Romai.
Asistirá a responsable comarcal do BNG Anxos Riveiro.

Trataranse temas de política local e a planificación da campaña electoral do próximo 9 de marzo.

Rógase asistencia e puntualidade.

16/01/2008

O BNG defende unha iniciativa conxunta dos tres grupos parlamentares galegos para demandar o mantemento do servizo na Estación de Portas

O mércores 16 de xaneiro, ás 20:30 h., tivo lugar en Pontevedra unha reunión entre representantes do BNG e membros da Coordinadora "Portas non pode perder o tren" para abordar a problemática do tren en Portas. Nesta reunión, á que asistiron por parte do BNG a responsábel comarcal, Anxos Riveiro e a deputada no Parlamento Galego, Carme da Silva, o Bloque Nacionalista Galego plantexoulles aos veciños e veciñas o seu posicionamento a respeito do servizo ferroviario e da estación de Portas, que se pode sintetizar nos seguintes puntos:
1.- O BNG aposta clara e firmemente pola creación en Galiza, por parte do Ministerio de Fomento, dun servizo ferroviario de proximidade e a súa posterior transferencia a Galiza.
2.- É necesario potenciar o ferrocarril como medio de transporte público eficiente e ecolóxico, tanto para viaxeiros como para mercadorías.
3.- A posta do servizo ferroviario de altas prestacións do Eixo Atlántico, AVE, non pode supoñer unha diminución na calidade do servizo, nin unha diminución dos servizos prestados na actualidade, senón un incremento cualitativo e cuantitativo dos mesmos.
4.- O BNG sempre mantivo a necesidade de manter o servizo na estación de Portas: presentando alegacións cando se someteu a exposición pública o estudo informativo, gobernando o PP no Estado, e coa oposición do alcalde do PP de Portas ás mesmas.
5.- O BNG presentou o 17 de decembro de 2007 unha iniciativa no Congreso sobre a necesidade de escoitar as demandas da sociedade de Portas e o mantemento do servizo na estación ferroviaria de Portas, única iniciativa ao respecto presentada nas Cortes do Estado (recordemos que estamos a falar dunha competencia do estado).
6.- O BNG defende a necesidade de que haxa unha postura unánime no Parlamento galego dos tres grupos ao respecto do mantemento do servizo na estación de Portas, xa que logo desde o noso grupo parlamentar entendemos que a figura máis acaída sería a presentación dunha iniciativa conxunta dos tres grupos parlamentares, que recolla o sentir e as demandas da coordinadora "Portas non pode perder o tren" en defensa da estación de Portas.

Manifestación en Defensa do Tren en Portas

O sábado 19 de xaneiro entre as 17:15 e 17:30 h. celebrarase unha MANIFESTACIÓN na Estación de tren de Portas.
SALVA O TREN
A manifestación está convocada e organizada pola:
Coordinadora en defensa do tren rexional "Portas non pode perder o tren".
O BNG de Portas apoia as reivindicacións dos veciños e veciñas e anima a todos a participar na manifestación.