29 de abr. de 2024

Pleno Ordinario

O venres 3 de maio ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria PLN/2024/2 do 26/01/2024.
  2. Aprobación da acta da sesión anterior PLN/2024/3 do 11/03/2024.
  3. Expediente 245/2024. Ordenanza fiscal reguladora do prezo público por actividades sociais organizadas polo Concello de Portas.
  4. Expediente 108/2024. Aprobación do Orzamento para o exercicio 2024.
  5. Expediente 250/2024. Plan estratéxico de subvencións do Concello de Portas para o 2024-2026.
  6. Expediente 238/2024. Ordenanza fiscal reguladora da entrada de vehículos e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
  7. Expediente 242/2024. Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto de bens inmobles.
  8. Expediente 235/2024. Recoñecemento extraxudicial de créditos 1/24.
  9. Expediente 166/2024. Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de lixos.
  10. Proposta de Resolución: Moción do BNG para a solicitude de clasificación como Travesía do tramo provisto de beirarrúas na N-550 ao seu paso por Briallos.
  11. Moción da CIG na Campaña STOP precariedade, traballo digno.
  12. Dación conta dos Decretos da Alcaldía do nº 2024-0010 de 23/01/2024 ao nº 2024-0137 de 26/04/2024.
  13. Dación conta Plan +Provincia 2024.
  14. Rogos e preguntas.



24 de abr. de 2024

Convocatoria Comisión Especial de Contas

O venres 26 de abril ás 21:00 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Expediente 245/2024. Ordenanza fiscal reguladora do prezo público por actividades sociais organizadas polo Concello de Portas.
  2. Expediente 108/2024. Aprobación do Orzamento para o exercicio 2024.
  3. Expediente 238/2024. Ordenanza fiscal reguladora da taxa por entra de vehículos a través de beirarrúas ou de calquera outro espazo de dominio público local e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
  4. Expediente 235/2024. Recoñecemento extraxudicial de créditos 1/24.
  5. Expediente 250/2024. Plan estratéxico de subvencións do Concello de Portas para o período 2024-2026.
  6. Expediente 166/2024. Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de lixos.
  7. Expediente 242/2024. Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto de bens inmobles.
  8. Rogos e preguntas.



8 de mar. de 2024

Pleno Extraordinario

O luns 11 de marzo de 2024 ás 12:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Ratificación da "URXENCIA" da Convocatoria da sesión extraordinaria.
  2. Expediente 676/2023. Rectificación erro material no proceso de licitación do expediente de contratación do servizo de axuda no fogar e delegación de competencias.

23 de xan. de 2024

Pleno ordinario

O venres 26 de xaneiro de 2024 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior PLN/2024/1 de 23/01/2024.
  2. Expediente 676/2023. Contratación do servizo de axuda no fogar do Concello de Portas.
  3. Expediente 150/2023. Corrección de erros nº 1 do PXOM.
  4. Proposta de Resolución: Moción do BNG para a solicitude de clasificación como Travesía do tramo provisto de beirarrúas na N-550 ao seu paso por Briallos.
  5. Dación conta dos Decretos da Alcaldía do nº 2023-0371 de 24/10/2023 a 2024-0009 de 22/01/2024.
  6. Rogos e preguntas.


19 de xan. de 2024

Pleno Extraordinario

O martes 23 de xaneiro de 2014 ás 13:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior PLN/2023/9 do 27/10/2023.
  2. Sorteo para a designación dos membros das mesas electorais nas eleccións ao Parlamento de Galicia do 18/02/2024.


25 de out. de 2023

Pleno ordinario

O venres 27 de outubro de 2023 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Dación conta da execución trimestral do orzamento correspondente ao 2º trimestre e Período Medio de Pago (PMP) do 2º trim 2023.
  3. Dación conta da execución trimestral do orzamento correspondente ao 3º trimestre e Período Medio de Pago (PMP) do 3º trim 2023.
  4. Dación conta Decretos da Alcaldía do nº 260 de 23/07/2023 a 370 de 23/10/2023.
  5. Rogos e preguntas.


16 de out. de 2023

Moción do BNG para a solicitude de clasificación como Travesía do tramo provisto de beirarrúas na N-550 ao seu paso por Briallos

O abaixo asinante Arturo N. Fontán Pérez, portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Portas, ao abeiro da lexislación vixente, presenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate e posterior aprobación, se procede, polo Pleno Municipal,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A parroquia de Briallos atópase dividida pola N-550, vía de titularidade estatal, que a cruza de norte a sur. Estas vías reguladas pola Lei 37/2015, de 29 de setembro, de Estradas consideramos que teñen unha excesiva zona de protección para certas partes do territorio de Galiza.

Estas zonas de protección acadan os 50 metros dende a aresta exterior da calzada. Isto implica que en moitos predios non se poida edificar, e noutros non se permita reconstruír casas abandonadas, mentres que todas aquelas parcelas que se atopan edificadas só poidan facer obras de conservación.

En Briallos existe un tramo duns 380 m da N-550, entre os quilómetros 102+650 e 103+030, no que existen os servizos públicos que a continuación se mencionan: abastecemento de auga, sumidoiros de pluviais e saneamento, alumeado público e beirarrúas en ambas marxes da estrada.

No ano 2021 aprobouse definitivamente o PXOM deste Concello, e nel clasifícase a zona do tramo anteriormente mencionado como núcleo rural tradicional e común, pero as distancias de protección impiden realmente que estes terreos poidan prosperar. Por este motivo, entendemos que dende o concello se deberían realizar os trámites oportunos para solicitar a cualificación de Travesía neste tramo de vía.

Segundo o artigo 46 da lei 37/2015 de Estradas, ten consideración de travesía “a parte da estrada na que existen edificacións consolidadas polo menos en dúas terceiras partes da lonxitude de ambas marxes e un armazón de rúas conectadas con aquela en polo menos unha das súas marxes”.

Os estudos de delimitación de tramos urbanos fixan os tramos que se consideran urbanos e os que se consideran travesías. Ademais, fixan as zonas de protección, todo elo segundo as circunstancias de cada marxe da vía, que poderán ser non uniformes e menores ás actuais. O Ministerio de Fomento, a propia iniciativa ou a instancia do Concello tramitará estudios de delimitación de tramos urbanos seguindo o procedemento establecido no artigo 48 da Lei 37/2015 de Estradas.

É por isto que presenta esta moción e solicita o voto favorable do Pleno da Corporación municipal de Portas para a adopción dos seguintes

ACORDOS

  • Levar a cabo cantas xestións sexan necesarias para acadar a cualificación de Travesía do tramo da parroquia de Briallos indicado na exposición de motivos.
  • Realizar o estudio de delimitación de tramos urbanos no tramo mencionado.
  • Solicitar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a cualificación de Travesía do tramo indicado na exposición de motivos para reducir as actuais zonas de protección.